Visitas guiadas á exposición OURENSE NO TEMPO, Espazo +60 Ourense
O Espazo +60 Afundación de Ourense organiza visitas guiadas á exposición os días 2, 3, 9, 17 y 24 de abril. OURENSE NO TEMPO é a sexta das mostras que se poñen en marcha no marco dun proxecto máis amplo, 'Cidades no tempo', que contempla unha exposición en cada unha das sete principais urbes galegas. Tras Santiago, Ferrol, Lugo, A Coruña e Vigo, agora a proposta chega a Ourense co obxectivo de reinvindicar a cultura urbana como compoñente clave da identidade de Galicia.
O relato expositivo explora a cidade dende as súas orixes ata a actualidade combinando obxectos de alta cultura e cotiáns, obras de arte, documentación histórica, mapas e planos, recreacións virtuais, arquivos sonoros, fotografías e publicacións. Unha oportunidade de afondar na cidade das Burgas dende moi diversas perspectivas: os fitos históricos e os mitos, o desevolvemento urbanístico, a economía e a industria, o lecer ou a cultura.
Unha cidade interface
A través de 150 pezas de moi diferente tipoloxía, Ourense no tempo pon de manifesto a historia dunha cidade clave nas comunicacións de Galicia, tanto cara ao litoral da Comunidade, como cara a Castela e Portugal. Reflíctense así na exposición as consecuencias de ser un nó de camiños, a través dos cales chegaron moitas influencias tanto no artístico como noutros eidos.
Esta exposición enmárcase en CULTURA POR ALIMENTOS, unha iniciativa de Afundación a favor de FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos). Accede e colabora doando algún alimento non perecedoiro que irá destinado ao banco de alimentos local.
Entra aquí e infórmate.
Prazas limitadas. ¡Apúntate no Espazo +60!