Visitas guiadas á exposición “Orixes. Ferrol castrexo”, Espazo +60 Ferrol

O Espazo +60 Afundación de Ferrol organiza visitas guiadas ás instalacións do Centro Cultural Torrente Ballester para os participantes na actividade de rutas históricas, co fin de coñecer a exposición “Orixes. Ferrol castrexo”. Esta pretende aproximar o público en xeral á riqueza de castros que se atopan na zona rural de Ferrol, así como a facerse unha idea do que a cidade naval foi na Idade de Ferro, con múltiples edificacións na súa contorna.
Actividade gratuíta. Apúntate nas clases de rutas históricas.