Visita guiada ao Parlamento de Galicia e á exposición "Unha vida viquinga no Gaiás", Espazo +60 Ferrol

O grupo de roteiros históricos realizará este mes de outubro dúas viaxes a Santiago para facer unha visita guiada polo Parlamento de Galicia pola mañá, xantar en San Martiño Pinario, e, pola tarde, participar nunha visita guiada á exposición “Unha vida viquinga” no Gaiás.
Prezo: 35€ Despacho de billetes o xoves 17 de outubro, a partir das 9.15 horas, na sede de Afundación de Ferrol.