Visita guiada ao Museo das Mariñas e centro histórico de Betanzos, Espazo +60 Ferrol

O Espazo +60 Afundación de Ferrol organiza unha excursión a Betanzos para visitar o Museo das Mariñas, dedicado á ampla comarca das Mariñas, recollendo aspectos tanto históricos como etnográficos. O comezo da visita faise cunha panorámica de personaxes destacados da sociedade medieval betanceira, rodeados por restos do mosteiro gótico de San Francisco, entre os que destaca unha estatua dun Santiago Peregrino do século XIV, a representación máis antiga desta figura en Galicia. A época romana está representada por pezas sobresaíntes como aras, estelas e muíños.
Despois pasearán polo centro histórico, declarado conxunto histórico-artístico no ano 1970. Antigamente situábase no interior da antiga muralla medieval que rodeaba a cidade e que contaba con cinco portas. Hoxe en día mantéñense en pé tres portas coñecidas como a porta da Ponte Nova, a porta da Ponte Vella e a porta do Cristo.
Prezo: 26€ Prazas limitadas, apúntate no Espazo +60 desde o 26 de maio.