Visita guiada á exposición: "Tesouros reais. Obras mestras do Terra Sancta Museum", Espazo +60 Ferrol
O Espazo +60 Afundación de Ferrol organiza unha excursión a Santiago, para o grupo de rutas históricas, para visitar a exposición “Tesouros reais. Obras mestras do Terra Sancta Museum” na Cidade da Cultura. Esta mostra internacional trae a Santiago, en exclusiva para España, un patrimonio composto por valiosos obxectos relixiosos de metais e pedras preciosas, cálices, ourivería, códices, ornamentos, vestiduras sacras de rara manufactura… Pezas únicas de incalculable valor que foron custodiadas durante máis de oito milenios pero que raramente puideron ser vistas polo gran público.
Despois da visita trasladaranse a Noia, xantarán no mesón O Forno e, pola tarde, darán un paseo pola Noia histórica.
Prezo: 30€ (inclúe bus + comida). Entrada gratuita á exposición. Apúntate no Espazo +60 o 22 de maio ás 9.30 horas.