Visita guiada á exposición "Plástica castrexa", Espazo +60 Ourense

O Espazo +60 Afundación de Ourense organiza unha visita guiada á exposición "Plástica castrexa". Nela recóllese toda a plástica castrexa do Museo Arqueolóxico Provincial. O obxecto desta exposición é representar a faceta creativa dos habitantes dos castros, nun marco temporal que vai desde o século I a. C. ao século I da nosa era e localizado xeograficamente no noroeste da Península Ibérica.
Actividade gratuíta. Prazas limitadas. Apúntate no Espazo +60, entre o 2 e o 13 de xaneiro.