Visita guiada á exposición de fotografía “Terras de Salitre” de Cristina Mittermeier, Espazo +60 Ferrol

O 26 de febreiro o Espazo +60 Afundación de Ferrol organiza unha visita guiada gratuita para as persoas socias participantes nos grupos de debuxo e pintura. Cristina Mittermeier, a gran fotógrafa dos océanos, amósanos as incribles imaxes da súa cámara. Nos últimos anos percorreu paraxes fascinantes que van da Columbia Británica en Canadá, ata Hawai, A India, Madagascar e mesmo Galicia, onde conviviu con mariscadoras, redeiras ou percebeiras. A paixón polo mar é o fío condutor do seu traballo e a fotografía a ferramenta coa que busca defendelo. Co nome «Terras de salitre» esta mostra anoa xentes e mar, en moitas culturas unha unión indisoluble.
Apúntate no Espazo +60 antes do 25 de febreiro.