• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Visita guiada á exposición "Arquitecturas narradas", Espazo +60 Santiago

Envellecemento activo Séniors Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Visita guiada á exposición
  • 19-11-2024 19-11-2024 Visita guiada á exposición "Arquitecturas narradas", Espazo +60 Santiago ARQUITECTURAS NARRADAS é unha viaxe polas obras da Colección, que reflexiona sobre as relacións da cidade e a arte. Prazas limitadas. Apúntate no Espazo +60 antes do 18 de novembro. Espazo +60 Santiago de Compostela Carreira do Conde, 18 baixo. Santiago de Compostela (A Coruña) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Espazo +60 Santiago de Compostela

    Carreira do Conde, 18 baixo. Santiago de Compostela (A Coruña)

  • Datas:

    19 de novembro de 2024

  • Horario:

    De 17.00 a 17.50 horas

  • Entrada:

    Gratuíta
  • Modalidade:

    Presencial

Co gallo do 10º aniversario de Afundación, Obra Social ABANCA, convidámoste a unha festa creativa que celebra por toda Galicia a arte e a cultura a través do macroproxecto SIMULTÁNEA, sete exposicións en sete cidades. A Colección de Arte Afundación é o eixe deste traballo minucioso que se expón a un tempo nos nosos espazos culturais. A Sede Afundación de Santiago de Compostela acolle unha das mostras do proxecto baixo o nome de ARQUITECTURAS NARRADAS, unha viaxe polas obras da Colección, que reflexiona sobre as relacións da cidade e a arte.   

O espazo arquitectónico e urbanístico tivo unha gran presenza na pintura, primeiro, e na escultura, fotografía e mesmo no cine, despois. Desde as arquitecturas que exercían de fondo na plástica relixiosa medieval ata a época contemporánea coa ruptura artística das vangardas e a aparición de novas formas de mostrar o hábitat do ser humano, este tema suscitou debates e reflexións aos que non é allea a creación artística. 

Ao nos enfrontarmos á representación da arquitectura, mergullámonos nunha determinada época e na súa cultura, asistimos á construción mesma dunha paisaxe e facémolo a través da mirada creativa e enriquecedora do artista. Esta multiplicidade de enfoques ―históricos, sociais, estéticos e persoais― converte a presenza da arquitectura nas artes plásticas nun xénero rico e complexo. 

Dado que a traxectoria vital e profesional dos artistas se desenvolve en ámbitos urbanos que, ademais, tenden ao crecemento continuo, é lóxica a importante presenza deste tema nas artes visuais. As cidades son utilizadas como reflexo dun contorno doméstico, como destino exótico ou ideal, como recurso existencial ou opresivo, ou como realidade imaxinada, o que nos permite achegarnos á arquitectura e ao urbanismo desde moi diferentes ópticas.  

«Arquitecturas narradas» exemplifica á perfección esta pluralidade de visións e enfoques. Da súa man podemos reflexionar sobre a iconografía do urbanismo, os códigos da arquitectura rural, viaxar a lugares imaxinados ou descubrir novos destinos. Visións a rentes de chan ou a vista de paxaro construídas nas máis variadas linguaxes que abranguen desde o romanticismo ata o graffiti pasando pola arte conceptual ou a nova figuración, unha ampla representación da creación artística galega desde o século XIX ata os nosos días.

Sobresaen nomes coma os de Mario Granell, José Villamil, Tatiana Medal, Segura Torrella ou os santiagueses de nacemento Alfonso Costa, Manuel López Garabal, Aymerich, Romero Masiá e Antón Cabaleiro.

Esta actividade enmárcase na iniciativa solidaria CULTURA POR ALIMENTOS que levamos a cabo en colaboración con FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos) e que pretende achegar alimentos de primeira necesidade aos bancos de alimentos locais. Colabora, achegando a túa doazón de alimentos non perecedoiros cando veñas recoller a túa invitación ou no auditorio o propio día do evento.

Actividade gratuíta. Prazas limitadas. Apúntate no Espazo +60 antes do 18 de novembro.

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078