Visita guiada á Biblioteca Naval de Ferrol, Espazo +60 Ferrol

O Espazo +60 Afundación de Ferrol organiza para os alumnos da actividade “Mañá de letras”, unha visita guiada gratuíta á Biblioteca Naval de Ferrol, a máis antiga da Armada. Trátase dunha biblioteca de carácter xeral e histórico cuxos fondos non se limitan a un ámbito específico do coñecemento –o naval, aínda que tamén loxicamente-, que é, ademais, depositaria principal do patrimonio bibliográfico de carácter histórico da Armada conservado en Ferrol.