Visita guiada á exposición «Galicia universal. A arte galega nas coleccións ABANCA e Afundación», Espazo +60 A Coruña
O 11 de maio as persoas socias do Espazo +60 Afundación de Santiago realizarán unha visita guiada á exposición «Galicia universal. A arte galega nas coleccións ABANCA e Afundación», que se atopa no Museo Centro Gaiás, en Santiago de Compostela.
Por primeira vez, unha mesma mostra reúne 115 das e dos artistas galegos máis relevantes dos últimos 150 anos, como son Jenaro Pérez Villaamil, Fernando Álvarez Sotomayor, Urbano Lugrís, Francisco Lloréns, Serafín Avendaño, Laxeiro, Virxilio Vieitez, Manuel Colmeiro, Luís Seoane, Arturo Souto, Maruxa Mallo, Eugenio Granell, Julia Minguillón, Francisco Leiro, Antón Patiño, Menchu Lamas, Xaime Quessada, Berta Cáccamo, Antón Lamazares, Pamen Pereira, Elena Colmeiro ou Antía Moure, entre outros moitos. Unha oportunidade única para achegarse ao proceso de construción da nosa identidade cultural e comprender a dimensión universal da arte galega.
As obras articúlanse consonte un criterio temático, no que as pezas se agrupan ao redor de cuestións como a cultura popular, a presenza da muller na arte, o compromiso social, a paisaxe, o retrato, a tradición e renovación ou os movementos da nova arte galega. Esta mostra estará complementada, ademais, por un exhaustivo catálogo que afondará nas cuestións da creación en Galicia, sen esquecer a permeabilidade das tendencias que en cada etapa sacudiron os principios artísticos.
Despois da visita acercaranse á Granxa de Xanceda, casa do século XVIII onde degustarán os productos elaborados na granxa así como outros produtos ecolóxicos.
Inscrición no Espazo +60.