Visita ao Parque Nacional de Illas Atlánticas de Galicia: illas Cíes, faro de Peito e miradoiro do Alto do Príncipe, Espazo +60 Vigo
O Espazo +60 Afundación de Vigo organiza unha visita ás Illas Cíes, faro de Peito e miradoiro do Alto do Príncipe o luns 17 de xullo. Embarcarán na Estación Marítima de Vigo; ao chegaren, deixarán as bolsas de praia e comida e subirán ao faro do Peito e ao miradoiro do Alto do Príncipe desde onde terán unha preciosa panorámica á illa. Ao baixaren, despois de xantar, terán tempo de paseo e praia ata o regreso.
Será un bonito día, unha oportunidade para coñecer Illas Cíes quen non as coñece e para voltar a gozar desta illa quen xa estivo.
IMPORTANTE: Ao anotáreste, tes que dar o teu nome, apelidos, número de DNI e data de nacemento (esta información pídea o Parque Nacional)
Prezo:
- Adultos: 27€ (barco + guía + seguro)
- Nenos: 12€ (ata 18 anos)
Prazas limitadas. É preciso anotarse no Espazo+60 Afundación Vigo antes do 13 de xullo, ás 13.30 horas
Se tes algunha consulta, podes contactar con nós no 986 223 337//986 120 071 ou por correo electrónico mais60vigo@afundacion.org
Con esta actividade Afundación contribúe a mellorar a saúde das persoas maiores, favorecendo o envellecemento activo, proporcionándolles alternativas de ocio activo e fomentando espazos de relación ao aire libre.