Gala de entrega PREMIOS EDUCA ABANCA. Mellor docente de España 2023, na Coruña
Xa temos as e os mellores docentes de Educación Infantil, Educación Primaria, Bacharelato, Formación Profesional, Universidade e Educación Non Formal de toda España 2023. O Salón de actos da Facultade de Educación da Universidade da Coruña (Campus Universitario de Elviña s/n), acolleu o acto de entrega dos Premios Educa ABANCA 2023 o día 24 de febreiro para dar a coñecer as persoas gañadoras:
- Infantil. Loida González Montenegro, do CEIP Lajares (Canarias)
- Primaria. Paco Pascual Soler, do colexio San Roque de Alcoy (Comunidade Valenciana)
- ESO. José Ignacio Gago, profesor no centro Teresianas de Valladolid (Castela e León)
- FP. Patricia Mercedes Santos Campos, do IES Profesor Isidoro Sánchez de Málaga (Andalucía)
- Educación non formal. Daniel Navarro Ardoy, mestre nos centros OposPills e Neuroedufit SL (Murcia)
- Universidade. Daniel Pattier Bocos, profesor na Universidade Complutense de Madrid
Xa podes ver a gala retransmitida na nosa canle Afundación.TV. Entra AQUÍ.
Os Premios Educa ABANCA buscan mellorar a visibilidade da boa práctica docente entre a sociedade e dar voz ao alumnado á hora de recoñecer a docencia que destaque polo seu bo facer. A finalidade da iniciativa, posta en marcha en 2017 pola plataforma educativa, é enxalzar a figura docente, a súa implicación no proceso de ensino e tamén a importancia do papel que desenvolven estes profesionais na sociedade.