Viaxe a Madeira, Espazos +60 Afundación

En abril as persoas socias dos Espazos +60 Afundación van descubrir unha illa fantástica no medio do océano Atlántico, onde as súas paisaxes de orixe volcánica se combinan con vilas e cidades ao borde do mar, aderezadas por unha cultura e historia sen igual que dan como resultado un destino incomparable.
O 20 de abril trasladaranse ao aeroporto de Porto para coller un voo con destino Funchal.
El 21 de abril realizarán unha excursión de medio día a Funchal e ao Xardín Botánico. Sairán para unha visita panorámica da cidade de Funchal, visitarán o famoso mercado (coas froitas exóticas, flores e peixes variados) e a catedral – Sé. Despois darán un paseo polo xardín botánico que sobresae a 300 metros de altitude sobre a baía de Funchal e que agrupa a maioría das especies de flores da illa. Despois de xantar terán a tarde libre para percorrer a cidade ou gozar do hotel.
O 22 de abril realizarán unha excursión de día completo a Porto Moniz, para descubrir a costa Oeste de Madeira, empezando pola vila mariñeira de Cámara de Lobos, pasando por Ribeira Brava, Ponta do Sol, Calheta, ata o Plan alto de Paul da Serra, Rabaçal. Baixando ata a costa Norte chegarán a Porto Moniz. Despois de xantar cruzarán a magnífica costa Norte ata São Vicente. Cruzarán o val ata Encumeada, avistarán o mar nas súas dúas vertentes. Antes do regreso a Funchal farán unha parada en Cabo Girão (o promontorio máis alto de Europa).
O 23 de abril realizarán unha excursión de medio día na Nao Santa María, réplica do barco de Colón. Durante esta viaxe terán a oportunidade de ver delfíns, así como baleas.
O 24 de abril realizarán unha excursión de día completo a Santana. Sairán para visitar a Costa Oeste da illa con parada en Camacha para visitar o atelier de obras feitas en vimbio. Continurán pasando por Poiso, Pico Ariero (1810 m), para contemplar grandiosas paisaxes que cobren gran parte da Illa. Baixarán Ribeiro Frío con visita dunha cría de troitas. Chegarán a Santana para admirar as famosas casas de tellado de palla que fan a celebridade da illa. Despois de xantar regresarán a Funchal pasando polo Pico do Facho, Machico e Ponta de São Lourenço (espectaculares panorámicas das baías de Ponta de São Lourenço).
O 25 de abril realizarán unha levada, ruta de sendeirismo por unha antiga canle de rego, usada en tempos máis antigos para levar auga dunha vertente a outra das montañas, que a día de hoxe están cubertas por bosque de lauirisilva, e forman conxuntamente coas vistas panorámicas ao mar ou á montaña unha das actividades más típicas e populares para os turistas que visitan Madeira.
O 26 de abril realizarán unha excursión de medio día a Eira Monte, comezarán por Pico dos Barcelos (355 m), subindo ata Eira do Serrado (1094 m) con vista panorámica de Curral da Freiras, baixarán para visitar a vila de Curral, subirán á Eira do Serrado e participarán nunha cata de ginja e bolo de mel.
O 27 de abril trasladaranos ao aeroporto para regreso a Porto. Despois sairán cara a Santiago desde onde os trasladarán en autobús aos diferentes Espazos +60.
A viaxe, organizado por Ciberviaxes, inclúe:
- Traslados desde os Espazos +60 ao aeroporto de Porto
- Voo PORTO/ MADEIRA/PORTO con taxas incluídas
PORTO - FUNCHAL: 17.55 - 19.55
FUNCHAL - PORTO: 20.25 - 22.20
- Maleta de 20 kg facturada e equipaxe de man de 8 kg
- Traslados in/out hotel-aeroporto-hotel
- Audio individual para cada pasaxeiro
- Estancia de 7 noites en Hotel Vidamar Resort 5*
- Réxime de pensión completa con bebidas incluídas, tal e como vai indicado no programa. Inclúe paquete de bebidas (auga, copa de viño ou cervexa ou refresco)
- Paquete de excursións descritas
- Guía oficial todo o percorrido
- Autocar en todas as excursións e traslados in/out (A orde e contido das excursións pode variar por criterios operacionais)
- Seguro de viaxe con anulación incluída e coberturas COVID, non reembolsable (50€/pax)
PREZOS (baseados nun grupo de 50/pax)
En habitación dobre/persoa socia ABANCA: 1650€
En habitación dobre/persoa socia: 1815€
Suplemento habitación individual: 315€
*No caso de cancelación do acompañante ou non atopar unha persoa para compartir habitación, o cliente deberá asumir o custo do suplemento individual.
HOTEL:
Hotel Vidamar Resort 5*
PLAZOS DE PAGAMENTO:
No momento da inscrición: 300€/persoa
Antes do 15 de marzo: 675€/persoa
Antes do 15 de abril: 675€/persoa socia Abanca; 840€/ persoa socia
CONDICIÓNS DE CANCELACIÓN:
DESDE O 01MARZO ATA O 10 MARZO: GASTOS DO 15% DA RESERVA
DESDE O 10 MARZO ATA O 31 MARZO: GASTOS DO 30% DA RESERVA
DESDE O 01ABRIL ATA O 10 ABRIL: GASTOS DO 50% DA RESERVA
DESDE O 11 ABRIL AO 19 ABRIL: GASTOS DO 75% DA RESERVA
DESDE O 20ABRIL OTA O DÍA DA SAÍDA: 100% DA RESERVA
PROCEDIMENTO DE INSCRICIÓN:
A inscripción será efectiva unha vez cubra o formulario online, desde o 21 de febreiro ás 10.00 horas ata que se cubran as prazas. Para verificar que a súa inscrición foi enviada correctamente recibirá un correo electrónico de confirmación. Se non recibe este correo electrónico contacte con nós no 698 122 915
No suposto de que existan máis solicitudes que prazas ofertadas, abrirase un segundo turno do 26 de abril ao 3 de maio.
As prazas do autobús outorgaranse por riguroso orde de inscrición.
Se todavía non é socio e quere viaxar con nós, pode pasarse por un Espazo +60 ou solicitar cita.
(*) Condicións completas no tu Espazo +60 Afundación ou en Ciberviaxes (Federico Tapia, 41 - baixo A Coruña - 981 216 600)