Viaxe á Rioxa e Áraba, Espazos +60 Afundación

A Rioxa é seguramente o destino máis suxestivo para os amantes do viño e a gastronomía. Un lugar máxico, con fermosas atardecidas vermellas que combinan coa cor que en outono toman os seus viñedos.
A Rioxa ofrece ao visitante gastronomía, viño, cultura, natureza, deporte, spas, pero, sobre todo, a posibilidade de vivir unha historia única e fascinante.
O 22 de maio as persoas socias sairán á hora indicada en autocares lanzadeira, taxis ou minibuses desde os Espazos +60 para centralizar a saída do autocar principal en dirección á Rioxa, con breves paradas en ruta. Pola tarde visitarán Burgos con guía local, a catedral de Santa María (s. XII), declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, o mosteiro das Huelgas Reales, pertencente ao Patrimonio Nacional, o paseo do Espolón ou o mosteiro da Cartuja de Miraflores. Despois sairán cara a Logroño.
O 23 de maio, pola mañá, visitarán Nájera, corte e berce de reis, capital do reino nos séculos X e XI. Visitarán o mosteiro de Santa María la Real, onde poderán contemplar, entre as súas marabillas, o cadeirado do coro -de estilo gótico florido-, o Panteón de Reis -encravado na mesma rocha-, a capela da Vera Cruz, que alberga o sepulcro do gran poeta Garcilaso de la Vega, a porta de Carlos I e o claustro gótico dos cabaleiros. A continuación, coñecerán Santo Domingo de la Calzada. Visitarán a catedral de Santo Domingo de la Calzada. Pola tarde realizarán a visita á localidade de Haro, que lles ofrecerá un agradable paseo pola historia medieval. Percorrerán a praza de la Paz, onde poderán ver mansións renacentistas, a igrexa de Santo Tomás e a basílica de Nuestra Señora de la Vega. A última parada será Briones, antiga cidade fortaleza na que admirarán as súas casas señoriais.
O 24 de maio, pola mañá visitarán, con guía local, o centro histórico de Logroño con guía local, capital da terra con nome de viño, onde poderán coñecer as igrexas de Santiago e San Martín, a antiga muralla, a fonte dos Peregrinos, a catedral, a praza Mayor (ou da catedral) e as rúas de “tapeo”, Laurel, San Agustín e San Roque. Pola tarde visitarán unha das adegas máis destacadas arquitectonicamente, a bodega de Marqués de Riscal, en Elciego. A antiga bodega é a máis antiga da Rioxa e conta cun novo edificio, deseñado polo arquitecto canadense Frank Gehry, que acolle o hotel Marqués de Riscal, un spa, un centro de reunións e convencións, e un exclusivo restaurante galardoado cun Sol Repsol. O interior do edificio está totalmente deseñado por Gehry, desde o mobiliario e as luminarias ata as cortinas, o que lles dá a todos os espazos interiores a identidade propia do autor.
O 25 de maio pola mañá visitarán o val salgado de Añana, situado ao leste de Vitoria-Gasteiz, onde coñecerán o sal, a única pedra comestible da natureza, e as súas propiedades. Realizarán unha visita guiada do val salgado que inclúe os mananciais de auga salgada, a produción do sal (especialmente no verán) e o spa salino, onde introduciremos os pés e as mans para gozar dos seus beneficios para a saúde. Tras a visita realizarán unha pequena cata de sales: como poden ser o sal mineral, sal de arbequina ou sal de viño.
Pola tarde visitarán, con guía local, a cidade de Vitoria, capital do País Vasco. Coñecerán o palacio de Escoriaza-Esquivel e as catedrais nova e vella. No seu centro histórico atoparán numerosas igrexas, basílicas e conventos de grande interese. Entre os edificios de carácter civil máis destacados encóntranse o antigo hospicio, a casa do Cordón, o palacio de Ajuria-Enea e a praza de España.
O 26 de maio sairán cara a San Millán de la Cogolla, un dos centros espirituais máis importantes de Castela. Ata o ano 1100 coexistiron os dous mosteiros, o de Suso e o de Yuso, con cadansúas comunidades. A partir do s .XII só hai unha comunidade de monxes, a beneditina, cunha casa principal. En Yuso a vida monacal foi máis tenaz cás pedras: desapareceron as románicas de 1067 e substituíronas polas actuais edificacións renacentistas.
Pola tarde continuarán a ruta para visitar o mosteiro de Valvanera, nunha zona repleta de natureza. Os edificios máis antigos, conservados hoxe en día, son a torre románica e a igrexa. A imaxe actual da Virxe é unha talla considerada do románico primitivo, de fins do s. XI.
O 27 de maio sairán cara a Laguardia, onde visitarán a bodega de Ysios, obra de Santiago Calatrava. O seu deseño vangardista, perfectamente integrado na paisaxe da zona, converteuse na actualidade en todo un símbolo arquitectónico da vitivinicultura rioxana. Saída hacia Galicia
A viaxe, organizada por Viajes Embajador, inclúe:
- Autocar gran turismo para todo o percorrido
- 5 noites no hotel Mercure Carlton Rioja 4*
- Pensión completa toda a viaxe, desde o xantar do primeiro día ao xantar do último día, que se efectuarán da seguinte maneira:
- Xantares en restaurante en Burgos, Santo Domingo de la Calzada, Vitoria, San Millán de la Cogolla, Laguardia e Logroño
- Bebidas (auga e viño ou cervexa ou refresco) en xantar e cea (as ceas efectuaranse no hotel ou nun restaurante próximo).
- Cafés ou infusións no xantar.
- Guía acompañante durante todo o percorrido.
- Guía local ½ día en Burgos, Logroño e Vitoria
- Entradas á catedral de Burgos, catedral de Santo Domingo de la Calzada, mosteiro de Santa María La Real de Nájera, bodega Marqués de Riscal, catedral de Vitoria, mosteiros de Suso e Yuso, mosteiro da Valvanera, bodega Ysios
- Visita guiada ao val de Añana
- Audio individual
- Seguro de asistencia e cancelación da viaxe
Hotel: Mercure Carlton Rioja 4*
PREZOS (baseados nun grupo de 40 persoas)
- En habitación dobre/persoa socia Abanca: 795€
- En habitación dobre/persoa socia: 874,5€
- Suplemento habitación individual: 255€ (máximo 9 habitacións individuais por grupo)
PRAZOS DE PAGAMENTO:
No momento da inscrición: 265€/persoa socia Abanca; 295€/ persoa socia
Antes do 15 de marzo: 265€/persoa socia Abanca; 289,75€/ persoa socia
Antes do 29 de abril: 265€/persoa socia Abanca; 289,75€/ persoa socia
Se queres PAGAR CON TARXETA debes pinchar no seguinte enlace https://bit.ly/pagoviaxeRioxaAraba para realizar cada un dos pagos. Introducir o contrasinal:EAfundacion. Cubrir os datos e aceptar os termos e condicións.
CONDICIÓNS DE CANCELACIÓN:
PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN:
A inscrición será efectiva unha vez se cubra o formulario, desde o 21 de febreiro ás 10.00 horas ata que se cubran as prazas. Para verificar que a súa inscrición foi enviada correctamente recibirá un correo electrónico de confirmación. Se non recibe este correo electrónico contacte con nós no 698 122 915
No suposto de que existan máis solicitudes que prazas ofertadas, as personas quedarán anotadas nunha lista de espera por se alguén se dera de baixa. As plazas do autobús se outorgorán por rigorosa orde de inscrición.
Se todavía non é socio e quere viaxar con nós, pode pasarse por un Espazo +60 ou solicitar cita.
(*) Condicións completas no teu Espazo +60 Afundación ou en Viaxes Embajador (Picavia, 1 baixo Esq. Praza de Ourense - A Coruña 981 210 486)