Vía da Prata (108 km)
Día 1 - 19 de xullo - Etapa Ourense - Reguengo (10 km, 2-3 horas)
Traslado desde os Espazos +60 de Vigo, Ourense, Monforte, Lugo, Viveiro, Ferrol, Pontedeume, Santiago, Pontevedra ata o hotel en Ourense, check in e almorzo incluído no hotel.
Recepción do grupo por parte do guía experto no camiño que lles dará unha breve charla e explicación da viaxe.
Partindo desde a Ponte Romana de Ourense deixaremos a cidade ao longo de Canedo. Desde este punto, un forte ascenso lévanos ata Castro do Beiro. A partir deste punto, xa en chaira, chegaremos á aldea de Reguengo, atopando ao noso paso campos de cultivo e bosques. Traslado a Ourense e aloxamento no Hotel Carrís Cardenal Quevedo.
Cea e aloxamento no hotel.
Día 2 - 20 de xullo - Etapa Reguengo - Oseira (18 km, 4-5 horas)
Hoxe espéranos a bonita ponte de Mandrás, desde un constante ascenso lévanos ata San Cristovo de Cea, coñecido polo seu pan. Despois percorreremos camiños que nos levan ata Pielas. Desde esta última aldea, achegarémonos pouco a pouco ata os dominios do Mosteiro de Oseira, fin da etapa de hoxe. Traslado a Ourense e aloxamento no Hotel Carrís Cardenal Quevedo.
Pensión completa (almorzo especial + xantar lixeiro + cea no aloxamento)
Día 3 - 21 de xullo - Etapa Oseira - Estación de Lalín (23 km, 6-7 horas)
Esta etapa comeza cun forte ascenso desde o propio mosteiro, desfrutando de impresionantes vistas. Tras un breve descenso, ascenderemos de novo ata Castro Dozón. O segundo tramo da etapa consiste esencialmente nun descenso ata as portas de Lalín. Aloxamento no Hotel Spa Torre do Deza, Lalín.
Pensión completa (almorzo especial + xantar lixeiro + cea no aloxamento)
Día 4 - 22 de xullo - Etapa Estación de Lalín - Bandeira (22 km, 6-7 horas)
Espéranos un breve ascenso ata Bergazos desde onde descenderás ata a aldea de A Laxe. Seguindo por unha paisaxe rural e agrícola, percórrense pequenas aldeas onde aparece algún pazo. Pequenos vales escoltarannos ata chegar á pequena vila de Silleda. Desde este punto seguiremos ata o fin da etapa en Bandeira. Traslado a Lalín e aloxamento no Hotel Spa Torre do Deza.
Pensión completa (almorzo especial + xantar lixeiro + cea no aloxamento)
Día 5 - 23 de xullo - Etapa Bandeira - Galegos (17 km, 5-6 horas)
Tras deixar atrás Bandeira seguirá aparecendo no camiño unha alegre alternancia de bosques e campos de cultivos. O segundo tramo desta etapa lévanos en descenso ata o val que forma o río Ulla. O útlimo tramo desta etapa supón un ascenso ata Galegos, en Vedra. Traslado a Ponte Ulla e aloxamento na pensión O Cruceiro.
Pensión completa (almorzo especial + xantar lixeiro + cea no aloxamento)
Día 6 - 24 de xullo - Etapa Galegos - Santiago de Compostela (17 km, 5-6 horas)
Esta última etapa ensinaranos a fermosa silueta do Pico Sacro, un dos montes máis característicos de todos os camiños. Pouco a pouco achegarémonos a Santiago, entrando nesta cidade pola bonita calzada do Sar. Tras cruzar este compostelán río, ascenderemos ao casco histórico de Santiago. Chegada e visita da Catedral. Fin do camiño.
Estancia no hotel Lux/Pombal/Ciudad de Compostela ou similar.
Pensión completa (almorzo especial + xantar lixeiro + cea no aloxamento)
Día 7 - 25 de xullo - Tempo libre en Santiago - Volta a casa (17 km, 5-6 horas)
Almorzo. Desfruta do ambiente relaxado desta cidade, do seu casco histórico, os seus parques, o seu patrimonio ligado á Universidade e o seu animado mercado. Xantar libre. Á hora acordada traslado de regreso en autocar aos puntos de orixe, Espazos +60 segundo rutas previstas.