Tienda solidaria a favor de Cruz Vermella, Espazo +60 Betanzos

As persoas socias do Espazo +60 Afundación de Betanzos van poñer en marcha unha tenda solidaria co obxectivo de recadar fondos destinados a Cruz Vermella Betanzos.
Os produtos que se poden mercar na tenda solidaria foron elaborados por persoas voluntarias do Espazo +60 participantes no «Obradoiro de amigurumi» e no «Obradoiro solidario», actividades enmarcadas dentro do programa "O valor da experiencia" da área de Envellecemento Activo, que ten como obxectivo potenciar o papel activo das persoas maiores na sociedade e o desenvolvemento de actividades de voluntariado.
Esta iniciativa ten como finalidade o desenvolvemento de hábitos de reciclaxe e promove a creatividade á vez que fomenta a solidariedade e a cooperación entre os participantes.
Nesta tenda solidaria atoparanse amigurumis, pequenos bonecos feitos con gancho e outras pezas como moedeiros, fundas para teléfonos, lapiseiros, chaveiros … realizados coa mesma técnica e outros traballos de artesanía.
Aberta ao público en xeral.