Faladoiros de benestar, Espazo +60 Ourense
O Espazo +60 Afundación de Ourense acolle os días 9 e 23 de maio, respectivamente, uns faladoiros sobre benestar, dirixidos pola socia voluntaria Fernanda Mosquera.
As emocións son parte da vida. Todas teñen unha razón de ser e non son en si mesmas positivas nin negativas. O problema xorde cando é o noso estado emocional o que controla a nosa vida, cando non temos ferramentas para xestionalas e nos metemos nunha roda negativa prexudicial para a nosa saúde física e mental.
Este faladoiro axudaranos a atopar esas ferramentas que temos ao alcance da nosa man, para identificar e xestionar o noso estado emocional, parte esencial da nosa vida, que incide directamente sobre a nosa sensación de benestar.
Estes faladoiros van dirixidos a aquelas persoas interesadas en aumentar o seu desenvolvemento persoal e o seu benestar, comprendendo mellor o seu mundo emocional ou o das persoas que as rodean.
Estes faladoiros forman parte do proxecto o valor da experiencia, onde persoas maiores interactúan con outras ensinándolles a súa experiencia.