• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Actividades paralelas da TEMPADA LÍRICA DA CORUÑA

Cultura Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Actividades paralelas da TEMPADA LÍRICA DA CORUÑA
  • 01-10-2024 30-11-2024 Actividades paralelas da TEMPADA LÍRICA DA CORUÑA Conferencias, proxeccións, recitais e a presentación dun libro completan o abano de posibilidades vinculadas co bel canto e a ópera que nesta edición nos trae a Asociación Amigos da Ópera da Coruña canda nós Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • Datas:

    OUT e NOV 2024

  • Entrada:

    Gratuíta
  • Modalidade:

    Presencial

Canda a Asociación Amigos da Ópera da Coruña, vai unha nova edición do programa de actividades paralelas da Tempada Lírica na Sede Afundación da Coruña. Ata finais do mes de novembro, podedes participar dunha proposta que inclúe proxeccións de ópera, conferencias, recitais e unha presentación de libro, que teñen como obxectivo achegar novos enfoques sobre a lírica e o Bel Canto, tanto para persoas que xa coñecen e gozan da ópera como para novos públicos.

 
Todas as actividades, ás 19.00 h, excepto dúas das proxeccións, ás 18.30 h.

 

CULTURA POR ALIMENTOS acolle esta iniciativa, en colaboración con FESBAL (Federación Española de Banco de Alimentos), polo que vos convidamos a asistir ás actividades cunha doazón de alimentos non perecedoiros. Grazas!

A ilusión compartida que nos move!

Máis información AQUÍ.

 

CONFERENCIAS

6 SET 

Unha conferencia ao redor da ópera La bohème, que impartirá a musicóloga e pianista Irene de Juan Bernabéu. Como apaixonada da investigación e a divulgación musical en programas como «Viaxe ao centro da ópera» e «Capriccio», de Radio Clásica, entre outros foros, fai unha aproximación á soada ópera de Puccini, que se representa o 8 e o 10 de setembro no Palacio da Ópera.

 

26 SET

Ao redor da ópera L’elisir d’amore, a cargo do catedrático de Música Julián Jesús Pérez. A conferencia articúlase ao redor de diversos aspectos relacionados con esta peza, con música de Gaetano Donizetti e libreto de Felice Romani, así como sobre os elementos míticos presentes no texto dramático, os personaxes e a súa estrutura. Conta co apoio visual e auditivo dalgúns fragmentos significativos.

 

11 NOV

O compositor Javier Otero mergúllanos na ópera que se estrea ao día seguinte. Pálido punto azul nace da necesidade de confrontar diferentes expresións artísticas para chegar ao público. Non é o final dun proceso, senón unha xanela aberta a outras formas de pensar, de imaxinar, de facer e de crer, resultado dun proceso artístico enriquecedor, cuxo punto de partida é o equipo formado por artistas complementarios de diferentes disciplinas (música, escena, audiovisual e artes plásticas).

 

PROXECCIÓNS

Como complemento das óperas desta tempada e, co obxectivo de achegar ao público as representacións de grandes obras do xénero noutros escenarios, programouse un ciclo de proxeccións de ópera que ten lugar os días 10 e 17 de outubro (ás 18.30 h) e 8 de novembro, e ás que se suma o pase dunha película experimental o día 14 de novembro.

10 OUT

Comeza con Manon Lescaut e a gravación realizada en Londres baixo a dirección de Jonathan Kent e coa orquestra e o coro da Royal Opera House.

 

17 OUT

A semana seguinte proxéctase Edgar, gravada no Teatro Real de Turín en 2008, baixo a dirección de Yoram David coa orquestra e coro desa mesma institución e o conservatorio Giuseppe Verdi.

 

8 NOV

A fanciulla do west. Trátase dunha gravación realizada en Tokio en 1963 sobre a obra en tres actos con música de Giacomo Puccini e libreto en italiano de Guelfo Civinini e Carlo Zangarini, baseado nunha peza de David Belasco, e dirixida por Oliviero De Fabritiis, e con NHK Symphony Orchestra e os coros Fujiwara Opera e Nikikai Chorus Group.

 

14 NOV

No marco das proxeccións, pero á marxe do xénero operístico, Sóhai horizonte é un filme experimental ideado por Juan Vara e que se materializou xunto ao poeta Xavier Seoane e o cineasta Manuel del Río, coa colaboración de nove fotógrafos galegos, un recitador e a participación da Sinfónica de Galicia, que levou a cabo a gravación da banda sonora e do recitador.

 

RECITAIS

A programación complétase con dous recitais:

5 OUT

Protagonizado polo estudantado seleccionado nesta convocatoria para o curso internacional de interpretación vocal impartido por Carlos Álvarez. Este concerto é á súa vez unha oportunidade para presentarse ante o público. Unha das persoas selecciónase polo artista profesor para protagonizar o recital de lírica inclusiva que se realiza o 25 de outubro no centro cívico Labañou. O pianista que acompaña o alumnado é Damiano Cerruti.

 

20 NOV

O recital «Novas voces galegas», que se enmarca no ciclo promovido pola Asociación de Amigos da Ópera da Coruña, busca abrir espazos para as propostas artísticas de novos talentos, favorecendo a construción de lazos máis sólidos entre as e os artistas e o seu lugar de orixe. Nesta ocasión, o recital está protagonizado pola mezzosoprano Andrea Rey e Aurelio Viribay ao piano.

 

PRESENTACIÓN DE LIBRO

24 OUT

Preséntase a edición Historia da zarzuela en viñetas, con Manuel Rajal, autor do libro, dedicado profesionalmente á docencia e sempre vinculado ao mundo artístico, nas súas vertentes plástica e musical, formando parte como percusionista en diferentes grupos musicais. Actualmente no grupo Amizades da Coruña.

 

ACTIVIDADE INFANTIL

22 e 23 OUT

Máis de 700 escolares de 8 colexios da Coruña acoden á actividade «Un día de ópera» na que teñen a oportunidade de coñecer e gozar da ópera. Prográmanse tres funcións, martes 22 de outubro, ás 10.00 h, e o mércores día 23, ás 10.00 e ás 12.00 h.


Esta actividade enmárcase na iniciativa solidaria CULTURA POR ALIMENTOS.

 

Aproveita para visitares a axenda web e saber de todas as propostas culturais que che ofrecemos ao longo do mes e tamén na nosa ticketeira Ataquilla.com para outras actividades escénicas.

Tempada Lírica A Coruña 2024
Tempada Lírica A Coruña 2024
Tempada Lírica A Coruña 2024
Tempada Lírica A Coruña 2024
Tempada Lírica A Coruña 2024
Tempada Lírica A Coruña 2024
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078