CANCELADA Tempada de abono de TEATRO Afundación OUTONO 2020. Vigo

A situación actual provocada pola pandemia obriga a CANCELAR a nosa Tempada de TEATRO out.-dec 2020. O equipo de Ataquilla encargarase de aboar as entradas a todas as persoas que se fixeran con elas.
Telefono de información: 986 12 00 88
Todos os abonos teñen un 20 % de desconto con respecto ao prezo do billete. Gastos de xestión á parte.
Outras bonificacións e descontos xerais
Xente nova: carné xove
Maiores de 65: carné da xubilación
Persoas desempregadas: carné correspondente
Aplicarase un desconto adicional do 10 % con respecto ao prezo do abono.
LOSERS | VIGO 27 OUT
Jon Plazaola e Aitziber Garmendia interpretan a situación vital de dous 'losers', persoas en torno aos 40 anos que aínda non chegaron conseguir todo aquilo que a sociedade di que deberas ter a esas alturas...
UN MARIDO IDEAL | VIGO 16 DEC
Peza orixinal de Oscar Wilde, versionada por Eduardo Galán e interpretada por Juanjo Artero, Antea Rodríguez, Ania Hernández, Alejandro Navamuel e Ainara Arizu.
Asistencia ás obras con todas as medidas de seguridade pertinentes para que poidas volver gozar da arte e a cultura como o fixeches sempre.
MEDIDAS DE PREVENCIÓN COVID
1-Uso obrigatorio de máscara en todo o recinto e durante a duración íntegra do espectáculo.
2.-Desinfección obrigatoria de mans ao acceder ao recinto.
3.-Non poderá cambiar a butaca asignada na compra con outro espectador en ningún momento.
4.-O acceso e saída á súa zona asignada deberá efectuarse seguindo as instrucións do persoal da sala para evitar aglomeracións.
5.-O uso de ascensores queda limitado a persoas con mobilidade reducida, priorizándose o uso das escaleiras.
6.-Se vostede presenta síntomas compatibles coa COVID-19 ou estivo en contacto con caso confirmado nos últimos 14 días, por favor, non acceda ao noso centro, íllese no seu domicilio e contacte co seu centro de saúde máis próximo.