Obradoiros de educación financeira para persoas xordas, Espazo +60 Lugo

O Espazo +60 Afundación de Lugo organiza, en colaboración coa Asociación de Persoas Sordas de Lugo (ASORLU), dous obradoiros de educación financeira e cultura dixital, especificamente pensados para persoas xordas, que contarán coa presenza dunha persoa intérprete de lingua de signos española (LSE).
O 22 de novembro, no obradoiro "Banca 24h para facer a túa vida máis doada" aprenderán todo o que poden facer nun caixeiro automático, para seren máis autónomos e así poder decidir cando e onde queren realizar as súas operacións do día a día.
O 20 de decembro, no obradoiro "Xestiona as túas contas con Abanca móbil" aprenderán a consultar os seus saldos e movementos, facer transferencias, activar ou desactivar tarxetas, pagar recibos sacándolles unha foto e moito máis.
Actividade gratuíta. Prazas limitadas. Apúntate en ASORLU (Poeta Eduardo Pondal, 22 - baixo, Lugo)