Obradoiro solidario, Espazo +60 Viveiro
O Espazo +60 Afundación de Viveiro pon en marcha, todos os martes ata finais de xuño, un obradoiro solidario. Coa axuda dunha voluntaria aprenderás a realizar traballos de artesanía, manteis, roupa de bebé, bufandas, bolsos e outros produtos que se venderán nun mercado solidario para recadar fondos para unha ONG. Se queres contribuír, apúntate no Espazo +60.
Esta actividade ten como finalidade o desenvolvemento de hábitos de reciclaxe e promove a creatividade e a imaxinación, ao tempo que fomenta a solidariedade e a cooperación entre os participantes. Está enmarcada dentro do programa "O valor da experiencia" da área de Envellecemento Activo, que ten como obxectivo potenciar o papel activo das persoas maiores na sociedade e o desenvolvemento de actividades de voluntariado.
Actividade gratuíta.