Obradoiro de reciclaxe, Espazo +60 Monforte
O Espazo + 60 Afundación de Monforte organiza, para todos os socios interesados nas artes plásticas, un obradoiro de reciclaxe de latas de café coa finalidade de convertelas en fermosas lámpadas de mesa.
Con este novo obradoiro pretendemos darlles unha nova vida e uso ás latas de café de tamaño industrial que se usan nas cafeterías e así axudar a reducir o consumo de recursos e a degradación do planeta, colaborando con esta pequena acción. Para iso, utilizaremos todo tipo de materiais como: feltro, goma eva, teas, pinturas, papel de periódico...
Actividade gratuíta (só se paga o material). Prazas limitadas. Apúntate no Espazo +60 antes do 25 de novembro.