OBRADOIRO DE BOLBORETAS en Naturnova, Vigo
1__narrow.png)
Obradoiro de Bolboretas
MES DO MEDIO AMBIENTE EN NATURNOVA
Prazas | 15 nenxs [deberán ir acompañadxs de 1 persoa adulta]
Entrada gratuíta a cambio de leite de fórmula e papas ou tarriños infantís. CULTURA POR ALIMENTOS
Con motivo do día Mundial do Medio Ambiente, co lema #UnhaSoaTerra, Naturnova únese para celebralo con diferentes programas.
O sábado 4 de xuño realizarase un taller con bolboretas vivas co obxectivo de achegar estes insectos ao público xeral. Durante o obradoiro aprenderemos como é o seu ciclo vital, coñeceremos as diferentes partes, onde viven e incluso saberemos diferenciar entre bolboretas nocturnas e diúrnas. Poderemos tocar e ver exemplares de bolboretas, eirugas e crisálidas.
O contido adaptarase ao nivel das e dos participantes.
Despois do obradoiro, poderase visitar o Centro Interactivo de Educación Ambiental, Naturnova.
Esta actividade englóbase no programa solidario CULTURA POR ALIMENTOS, unha iniciativa de Afundación en prol de FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos). Accede e colabora, doando nesta ocasión produtos infantís, coma tarriños, papas ou leite de fórmula.
Entra aquí e infórmate polo miúdo.