Taller de canto, Espazo +60 Vigo

O Espazo +60 Afundación de Vigo pon en marcha esta nova actividade impartida por D. Juan José Cura. O taller de canto é un espazo non formal para o aprendizaxe e o desenvolvemento na área da Técnica Vocal aplicada ao Canto no contexto das habilidades e posibilidades propias, tanto motrices como cognitivas e de aprendizaje, con metodoloxías e tempos propios da idade, xunto á socialización con persoas en igualdade etaria, quenes tamén estarán facendo o que tanto lles gusta e que postergaron toda a súa vida. Os participantes poderán cantar as “cancións da súa vida”, as que lle dan sentido a moitos momentos ao longo da súa propia historia e que resultaron significativas para eles, máis todo aquel repertorio que surxa na interacción persoal e grupal.
Cantar ben e poder facelo durante moito tempo lógrase poñendo a ciencia ao servizo da arte, descubríndonos, desenvolvendo e fortalecendo as nosas posibilidades e potencialidades, a través dunha educación vocal sana, estable e consciente. O obxectivo é brindar aos alumnos un achegamento comprensible e sinxelo ao uso da súa voz, con ilustracións e exemplos, con seccións teóricas e prácticas, profundizando na toma de conciencia das necesidades de transformación persoal para chegar ás metas desexadas. Brindaranse nocións básicas de educación musical a fin de que os cantantes podan recoñecer os seus rexistros e tomar decisións acerca da mellor tonalidade para cantar as cancións da súa preferencia.
Non é necesaria experiencia nin coñecementos previos. ¡Só moitas ganas de cantar e compartir!
Juan José Cura é un docente e artista arxentino radicado en España desde 2020, quen realizou no seu país unha ampla labor artística e pedagóxica que inclúe traballos como cantante, director coral e orquestal, arreglador, compositor, docente, pedagogo vocal e productor musical, artístico, discográfico e actor de doblaxe.
Prezo: 20€/mes
Prazas limitadas. Apúntate no Espazo +60, poñendo un correo a mais60vigo@afundacion.org ou chamando ao teléfono 986 120 071 e/ou 986 223 337