Rutas históricas online: a Galicia castrexa e a súa evolución

O Espazo +60 Afundación de Ferrol organiza, todos os martes do mes de marzo, para as persoas socias do centro, un taller online sobre a Galicia castrexa e a súa evolución.
Neste obradoiro, impartido por Pilar Vidal, licenciada en Historia, trataranse os seguintes temas:
1.- Introdución e presentación do programa.
2.- As primeiras culturas. Como vivíamos os galegos.
- Os primeiros asentamentos.
- Os enterramentos
3.-Os castros costeiros e os do interior. Os exemplos máis destacados.
- As diferenzas entre ambos que marcan as formas de vida, a pesca, a agricultura
4.-Do reino dos suevos á Gallaecia romana.
- As invasións bárbaras, do mundo castrexo á romanización
5.-Visitamos os lugares máis emblemáticos, mais tamén os máis próximos a nós.
- Santa Tegra, Baroña...
- Que castros temos na nosa contorna, como se evoluciona en contacto coa cultura romana. Elviña, Lobadiz, Sarridal (Cedeira)...
Prezo: 10 euros
Apúntate do 15 ao 25 de febreiro por WhatsApp, chamando ao 981 323 378 ou enviando un correo a mais60ferrol@afundacion.org
A clase impartirase en Classroom. O persoal do Espazo +60 estará á súa disposición para resolver cualquera dúbida.