Ruta vía Nova - Aquis Querquennis, Espazo +60 Vigo

Os socios do Espazo +60 Afundación de Vigo realizarán a finais de maio unha ruta de sendeirismo de dificultade sinxela, de 9 km. Sairán do Espazo +60 con destino ás terras de Celanova. Farán unha breve parada no camiño, para nada máis chegar comezar a ruta desde Congostro a Saiza, ao longo da vía nova romana. Rematada a ruta e despois dun breve descanso, iniciarán unha serie de visitas históricas, primeiro ás ruínas e centro de interpretación de Aquis Querquennis e posteriormente á igrexa visigoda de Santa Comba de Bande. A última hora, chegada ao hotel e aloxamento.
Ao seguinte día realizarán a ruta de Castromao a Vilanova dos Infantes, de dificultade sinxela, de 9 km. Sairán cara a Castromao; en primeiro termo, visitarán o castro que domina todo o val de Celanova, o de Castomao, para, a continuación, iniciar a ruta de sendeirismo que, a través de campos e pequenos bosques, os levará ata Vilanova dos Infantes.
Terminada a ruta, terán tiempo libre para comer en Celanova e, pola tarde, realizarán a visita guiada ao mosteiro e á capela Mozárabe de San Miguel.
Prezo por persoa en habitación individual: 130€ - Suplemento habitación individual: 20€ (grupo mínimo 18 persoas)
Prazas limitadas. Apúntate en:
B the travel Brand r/ Gran Vía, 31 – Vigo
986422611
[email protected]