Ruta ao mosteiro de Santa María de Oia e Baiona, Espazo +60 Ferrol
O Espazo +60 Afundación de Ferrol programa a primeira saída de Rutas, enmarcada no temario deste trimestre "A influencia do monacato na historia de Galicia"
O mosteiro de Santa María de Oia comezou a construírse a mediados do século XII, durante o mandato do rei galego Afonso VII. No interior dos seus muros reuníronse monxes que previamente habitaban distintos puntos da comarca. En 1185 pasou a formar parte da Orde do Císter. Conta con elementos románicos, góticos e barrocos, froito das reformas e modificacións que sufriu ata finais do século XVIII
Despois de xantar, achegaranse a Baiona.
Prezo: 33€. Apúntate no Espazo +60 desde o 11 de outubro ata esgotar prazas!