• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Recital «Cántame no peito» con CECILIA LAVILLA BERGANZA (soprano) e MIGUEL ITUARTE (piano), Santiago de Compostela

Cultura Concertos Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Recital «Cántame no peito» con CECILIA LAVILLA BERGANZA (soprano) e MIGUEL ITUARTE (piano), Santiago de Compostela
  • 25-06-2024 25-06-2024 Recital «Cántame no peito» con CECILIA LAVILLA BERGANZA (soprano) e MIGUEL ITUARTE (piano), Santiago de Compostela Goza desta actividade paralela á exposición sobre Teresa Berganza, a recoñecida mezzosoprano española, que acubillamos este verán na nosa sede da Rúa do Vilar. Asiste á actividade reservando a túa entrada gratuíta en Ataquilla.com e colabora con Cultura por Alimentos. Entra para máis información Auditorio ABANCA Preguntoiro, 23. Santiago de Compostela (A Coruña) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Auditorio ABANCA

    Preguntoiro, 23. Santiago de Compostela (A Coruña)

  • Datas:

    25 XUÑ 2024

  • Horario:

    20.00 h

  • Entrada:

    Gratuíta
  • Modalidade:

    Presencial
Mercar

Co gallo da mostra sobre Teresa Berganza en Santiago de Compostela, TERESA BERGANZA. O gardarroupa da música, que podes visitar ata o 17 de agosto na Sede Afundación da Rúa do Vilar, traemos varias actividades paralelas, entre elas, este concerto protagonizado pola filla da mezzosoprano, a tamén soprano Cecilia Lavilla Berganza canda o pianista Miguel Ituarte. Ambos ofrecen un cálido recital con obras de Antón García Abril, algunhas delas creadas ex profeso para a artista, motivo da exposición, ademais de Claude Debussy e Reynaldo Hahn. O 25 de xuño no Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela.

 

Colle xa as túas entradas de balde en Ataquilla.com.

 

CULTURA POR ALIMENTOS
Goza da cultura mentres axudas os bancos de alimentos locais de Galicia!

Esta actividade enmárcase no noso programa solidario en colaboración con FESBAL, a Federación Española de Bancos de Alimentos. Axúdanos traendo a túa doazón de alimentos non perecedoiros cando asistas ao concerto. Grazas!

Suxerimos os seguintes produtos de maneira prioritaria: conservas, leite, aceite, cereais, galletas, cacao ou alimentos infantís.

Máis información

 

Duración do concerto | 2 horas

 

PROGRAMA

RECITAL “Cántame no peito”

ANTÓN GARCÍA ABRIL (1933 – 2021)

“Cancións Xacobeas”:

Camiño longo (Ramón Cabanillas)

Moi lonxe (Celso Emilio Ferreiro)

No niño novo do vento (Álvaro Cunqueiro)

Levouse a louçana (Pedro Meogo)

 

CLAUDE DEBUSSY (1862 – 1918)

Beau soir (Paul Bourget)

Mandoline (Paul Verlaine)

Chevaux de bois (Paul Verlaine)

 

ANTÓN GARCÍA ABRIL

“Cancións Xacobeas”:

Sobre o sol e a lúa (Ramón del Valle Inclán)

Canzón para que un neno non durma (Luís Pimentel)

Cantiga de amigo (Sancho I)

Foliada (Ramón Cabanillas)

 

REYNALDO HAHN (1874 – 1947)

Mai (François Coppée)

Les étoiles (Théodore de Banville)

L’automne (Théodore de Banville)

Le printemps (Théodore de Banville)

 

ANTÓN GARCÍA ABRIL

“Cancións Xacobeas”

Amor apresurado (Francisco Añón Paz)

María Soliña (Emilio Ferreiro)

Chove (Ramón Cabanillas)

Sediame eu na ermida de San Simeon (Mendiño)

 

CECILIA LAVILLA BERGANZA

Tiven a fortuna de nacer somerxida en Música, rodeada da súa beleza e excelencia. De aí a miña paixón polo baile, o teatro e a arte en xeral, todo iso presente na miña formación chea de magníficas experiencias.

Con algo máis de madurez probei o canto. Isabel Penagos puxo o motor en marcha con moita sabedoría e paciencia, mentres meu pai, Félix Lavilla, deixaba a alma nas clases de repertorio para legarme toda a súa experiencia e xenialidade. Nos últimos anos, un intenso traballo de Lieder xunto a Manuel Cid. Todo “supervisado” pola miña nai, Teresa Berganza, sempre alentando esta proba de forza. Á súa beira, en recitais de dúos, aprendín moito máis da voz e a música, de estilos e entrega.

Sempre apoiada por grandes pianistas como Félix Lavilla, Juan Antonio Álvarez Parejo e actualmente Miguel Ituarte, puiden interpretar un repertorio de cámara enriquecedor.

Puiden absorber música española ata as entrañas, mais tamén grandes doses de canción francesa, inglesa, italiana, lied, oratorios… e así a Música de Cámara converteuse na base da miña actividade. Polo camiño, grandes encontros con grandes intérpretes.

Bastantes obras de oratorio, con Mozart e Pergolesi sempre presentes… Non moitas óperas, mais todas con marabillosos músicos e equipos.

Entre as miñas gravacións tamén grandes experiencias: obra de Víctor Carbajo, obra integral para voz e piano de Félix Lavilla, El Maestro de baile y otras tonadillas co Ensemble Elyma.

E sempre buscando novos retos ao servizo da música e a cultura: todo un privilexio para min. 

www.ceclialavillaberganza.com

 

MIGUEL ITUARTE

Nacido en Getxo (Bizkaia), formouse nos conservatorios de Bilbao, Madrid e Ámsterdam, estudando con Isabel Picaza, Juan Carlos Zubeldia, Almudena Cano e Jan Wijn. Familiarizouse co clave grazas a Anneke Uittenbosch e cos antigos órganos ibéricos na Academia creada por Francis Chapelet. Dimitri Bashkirov e Maria Curcio achegáronlle excelentes ensinanzas e consellos.

Foi premiado nos concursos internacionais "Jaén", "Ferrol" e "Fundación Guerrero", así como finalista no de Santander de 1995. Ten ofrecido recitais en Europa e Canadá. Actuou con orquestras coma a Royal Philharmonic de Londres, Gulbenkian de Lisboa e numerosas españolas e sudamericanas.

Nos seus programas incluíu algunhas das máis grandes obras do repertorio de teclado, desde Antonio de Cabezón ata estreas de música actual. Os compositores Fran Barajas, Gustavo Díaz-Jerez, Zuriñe Fernández Gerenabarrena, Félix Ibarrondo, Jesús Rueda, José María Sánchez-Verdú e José Zárate dedicáronlle obras pianísticas. Ofreceu amplamente, en cursos e concertos, a obra para teclado de Bach e a obra pianística de Beethoven. En xaneiro de 2000 abriu o primeiro Ciclo de Grandes Pianistas do Auditori de Barcelona con “Iberia” de Isaac Albéniz.

Como membro do trío Triálogos gravou a integral dos tríos con piano de Beethoven para a canle dixital de RTVE. Participou no disco Música de cámara actual (Verso) co acordeonista Iñaki Alberdi. O selo Columna Música editou a súa versión do Concierto para piano y orquesta de Joan Guinjoan, xunto á Orquestra Sinfónica de Barcelona e Ernest Martínez Izquierdo. Actualmente traballa coa soprano Cecilia Lavilla Berganza.

É profesor de piano en Musikene (Centro Superior de Música do País Vasco) desde a súa creación en 2001. 

www.miguelituarte.com 

 

Actividade en colaboración con Turismo de Galicia.

 

Aproveita para visitares a axenda web Afundación e decátate de todas as propostas culturais que che ofrecemos ao longo do mes. E tamén podes entrar na nosa ticketeira Ataquilla.com para outras actividades escénicas.

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078