Queres ser VOLUNTARIA/O de PEDALEAR & CONVERSAR en Pontevedra?
PEDALEAR & CONVERSAR é un programa de voluntariado para acompañar a persoas maiores con mobilidade reducida nun paseo en triciclo eléctrico coa finalidade de desfrutar dunha experiencia gratificante conversando, compartindo historias e momentos agradables sentindo o vento na cara.
Deste xeito queremos combatir a soidade non desexada, o illamento social, e potenciar as relacións interxeracionais das persoas maiores con outras persoas da súa comunidade local, disfrutando do espazo público da cidade.
O voluntariado basease nuns principios que fan a actividade idónea para todas as persoas que queiran participar nunha actividade solidaria e favorecer o bo trato ás persoas maiores: xenerosidade, circular amodiño, un mundo de historias por escoitar, crear novas amizades, e relacionarnos sen fronteiras de idade.
Se queres formar parte do equipo de voluntariado de PEDALEAR & CONVERSAR cubre o formulario de solicitude e chamarémoste para ter contigo unha entrevista telefónica na que te informaremos do funcionamento do programa.
É imprescindible ser maior de idade e participar no curso de formación gratuíto de 2 horas de duración, cunha parte teórica sobre os obxectivos do programa e o seu funcionamento, e unha parte práctica sobre condución segura e responsable do triciclo. Valorarase ser usuario/a habitual de bicicleta.
Unha vez superado o curso proporemosche o acordo de voluntariado, con dedicación para facer como mínimo unha saída ao mes e comezaremos un período de prácticas no que te acompañaremos nas saídas que fagas con persoas maiores.
Próximo curso de formación en Pontevedra
Xoves, 13 de xullo, de 10.00 a 12.00 horas
Espazo +60 Pontevedra (Praza San José, 3)
Únete al equipo Pedalear & conversar