QUEDAMOS NO PALCO, QUEDAMOS COA CLÁSICA 2022. Entradas de balde para ESO, bacharelato e Conservatorio Superior de Música. Vigo

O Teatro Afundación de Vigo abre as súas portas aos centros educativos de ESO e bacharelato para que o seu alumnado poida gozar de concertos de clásica gratuítos. Dá comezo o programa 2022 de «Quedamos no palco, quedamos coa clásica» e este ano coa novidade de convidar tamén estudantes do estranxeiro do Conservatorio Superior de Música de Vigo. Estades convidadas e convidados!
- Entradas gratuítas para grupos de 14 estudantes con 1 persoa adulta
- Os concertos que entran nesta proposta son todos os que se realicen no Teatro Afundación de Vigo do 11 ao 29 de abril.
Infórmate no 986 120 078 ou a través de quedamosnopalco@afundacion.org e reserva as entradas para o teu centro!