Qué é un médico internista?, Espazo +60 Coruña

O doutor José Luis Díaz, médico internista pertencente á Sociedade Galega de Medicina Interna (SOGAMI), estará no Espazo+60 Afundación de A Coruña para explicar o labor dun internista.
Precisamente baixo o título “Que é un internista”, José Luis contará aos usuarios do Espazo+60 en que consiste a súa especialidade, moitas veces descoñecida polos pacientes. Trátase dunha especialidade cunha visión completa e integradora do paciente, que se coordina con outras especialidades médicas e que está presente en todos os hospitais galegos e nas novas modalidades de consulta e hospitalización.
Entrada gratuíta. Apúntate no Espazo +60!