Programa “AFONDANDO NAS EMOCIÓNS”, Espazos +60
Se xa participaches no programa "Coñecendo as emocións", presentámosche un programa para afondar nos contidos.
Afondando nas emocións
Un programa estruturado en 8 sesións con periodicidade semanal de 2 horas cada unha e cos seguintes contidos:
-
Recordando contidos: a “roda das emocións”.
-
Estratexias de regulación existentes e desexadas.
-
Culpa.
-
Soidade.
-
Medo e ansiedade.
-
Autovalor.
-
Estilos comunicativos I.
- Estilos comunicativos II.
Os contidos terán un carácter semiflexible que poderá variar en función dos intereses do grupo de participantes.
Por que un programa avanzado?
Esta proposta está baseada nos resultados da investigación realizada en 2022 para avaliar os beneficios de participar no programa “Coñecendo as emocións”, que podemos resumir nos seguintes resultados:
-
A maioría expresaron que o programa foi moi satisfactorio, pero que lles gustaría seguir afondando nas emocións.
-
A participación contribuíu a unha mellora global do benestar psicolóxico.
-
Mellorou a atención prestada ás emocións, primeiro paso para despois poder intervir conscientemente sobre isto.
-
Mellorou a comprensión dos seus estados emocionais e os dos demais.
-
Mellorou a expresión emocional, o cal á súa vez repercutiu nunha mellora da súa relación cos demais.
-
Mellorou a capacidade dos participantes para regular os seus estados emocionais dunha forma consciente.
Como inscribirte
Acude ao teu Espazo+60 Afundación.
Espazo +60 | Datas | Día | Horario |
A Coruña | 3 feb. a 31 mar. | lun. | 16.30 a 18.00 h |
Betanzos | 22 xan. a 19 mar. | xov. | 11.30 a 13.30 h |
Ferrol | 8 xan. a 26 feb. | mer. | 10.30 a 12.30 h |
Lugo | 27 xan. a 24 mar. | lun. | 17.00 a 19.00 h |
Monforte | 22 xan. a 19 mar. | xov. | 11.30 a 13.30 h |
Ourense | 3 feb. a 31 mar. | lun. | 17.00 a 19.00 h |
Pontedeume | 22 xan. a 19 mar. | xov. | 11.30 a 13.30 h. |
Pontevedra | 8 xan. a 17 abr. | mer. | 10.30 a 11.50 h |
Santiago | 8 xan. 26 feb. | mer. | 17.00 a 18.45 h |
Vigo | 15 xan. a 5 mar. | mer. | 18.00 a 19.00 h |