XLIV PREMIO INTERNACIONAL AFUNDACIÓN DE PERIODISMO JULIO CAMBA

O próximo 9 de novembro, os membros do xurado manterán a primeira das dúas reunións que marcan o camiño cara á elección da persoa gañadora. Neste primeiro encontro elixirán os tres artigos finalistas. No mes de xaneiro volverán a reunirse para escoller o texto premiado. Nas últimas dúas décadas, gañaron o Premio Internacional Afundación de Periodismo Julio Camba columnistas como Ángeles Caso, Manuel Rivas, Andrés Trapiello ou Manuel Jabois.
O director da Fundación Gabo, Jaime Abello, e o escritor nicaraguano recoñecido co Premio Cervantes en 2017 Sergio Ramírez, incorpóranse ao xurado do Premio Internacional Afundación de Periodismo Julio Camba. O galardón, que alcanza a súa 44ª edición, recibirao o próximo 16 de xaneiro un dos 134 artigos participantes e chegados nos últimos meses da Arxentina, Colombia, México, Costa Rica e España. O Premio Internacional Afundación de Periodismo Julio Camba é, tanto polo seu palmarés e a súa traxectoria como pola súa dotación, 10.000 euros, un dos máis importantes dedicados ao xornalismo literario e de opinión en lingua española.
O xurado do premio volve presidir nesta ocasión o escritor galego Alfredo Conde. Repiten como vogais, ademais de Sergio Ramírez e Jaime Abello, as xornalistas Cristina Sánchez-Andrade e Bibiana Candia; os escritores e columnistas Ramón Pernas e Manuel de Lorenzo; e o director de Comunicación de ABANCA, Isaac González Toribio.
Coa incorporación do escritor nicaraguano Sergio Ramírez e do xestor e intelectual colombiano Jaime Abello ao xurado, Afundación busca profundar na proximidade do premio á comunidade xornalística de Latinoamérica e o Caribe. A Fundación Gabo foi creada polo escritor e xornalista Gabriel García Márquez en 1995 para promover o xornalismo de calidade mellorando a formación dos profesionais dos medios de comunicación. A fundación, que ten a súa sede principal en Cartaxena de Indias (Colombia), organiza cada ano o Premio Gabo, o galardón xornalístico máis importante en lingua española de América. Jaime Abello (Barranquilla, Colombia, 1958) dirixe a fundación desde que foi creada.
Sergio Ramírez (Masatepe, Nicaragua, 1942) é novelista e xornalista. Tamén foi vicepresidente do seu país entre 1984 e 1990. Na súa longa e laureada traxectoria xornalística literaria, ademais do Premio Cervantes obtivo galardóns como o Premio Alfaguara (España, 1998), o Premio José Donoso (Chile, 2011) ou a Orde das Artes e das Letras de Francia. Como columnista, colabora habitualmente con medios de México, Arxentina, Colombia, Venezuela ou España.
Un total de 134 xornalistas de 5 países do ámbito de fala hispana disputaranse o cuadraxésimo cuarto Premio Internacional Afundación de Periodismo Julio Camba, un dos galardóns á calidade da prosa xornalística máis veteranos de España. O premio entregarase en Madrid no mes de xaneiro. O recoñecemento que leva o nome do xornalista galego Julio Camba, un dos articulistas máis celebrados do século XX no ámbito hispanohablante foi aumentando progresivamente o número de participantes, ata alcanzar cifras récord nas últimas convocatorias. Para esta edición Afundación recibiu artigos chegados de Arxentina, Colombia, Costa Rica, México e España, e o obxectivo para as próximas é afianzar a súa internacionalización para que alcance unha representatividade maior dos referentes do articulismo de América Latina.
NÓMINA DE PREMIADOS
A persoa elixida na XLIV edición do Premio Internacional Afundación de Periodismo Julio Camba sumarase á extensa nómina de premiadas e premiados desde 1980:
Gonzalo Fernández de la Mora, Luciano del Río Besada, Carlos García Bayón, Alfredo Conde, Bernardo Víctor Carande, Antonio Odriozola, Raimundo García Fernández, Adolfo Prego, José Montero Alonso, Rafael Landín Carrasco, Julio Sierra, Xesús Ferro Ruibal, Arturo Lezcano Fernández, Santiago Castelo, Torcuato Luca de Tena, Carlos Casares, Miguel Ángel Cuadrado, Juan Manuel de Prada Blanco, Diego Bernal López, Alfonso Eire López, César Casal González, Miguel Suárez Abel, Manuel Rivas Barros, Manuel Jabois Sueiro, Marino Gómez Santos, Eugenio Fuente, Fernando Savater, Felipe Benítez Reyes, Andrés Trapiello, Pedro Ugarte Tamayo, Ángela Vallvey Arévalo, Ramón Pernas López, José Manuel Otero Lastres, Ángeles Caso, Luis Ventoso, Ignacio Camacho, Ramón Loureiro Calvo, Miguel Anxo Murado, Ricardo Fernández Colmenero, Cristina Sánchez Andrade, Luis Pousa, Bibiana Candia e Manuel de Lorenzo Paradela, gañador da pasada edición.