Presentación de O Garaxe Hermético: O picoto do pai. Paralelas "A Arte no Cómic". Vigo
En torno á exposición A arte no cómic, que está xa nos seus últimos días, o xoves 28 de xuño preséntase o libro O picoto do pai, traballo de fin de curso de estudantes de O Garaxe Hermético, a Escola de Banda Deseñada de Kiko da Silva. Ademais, Asier Mensuro, comisario da nosa mostra, dinamizará un coloquio. Será na Sede Afundación de Vigo.
Participarán os mestres: Kiko da Silva (Director de O GARAXE HERMÉTICO); Miguel Porto (Mestre de Técnicas Dixitais e proxectos); Fernando Iglesias (Mestre Debuxo BD, Narrativa e Proxectos); E pola súa banda, estudantes participantes no proxecto: Zaida Novoa (Alumna 3º Curso BD PRO); Pablo Prado (Alumno 3º Curso BD PRO); Miriam Iglesias (Alumna 3º Curso BD PRO); Julián Landriz (Alumno 3º Curso BD PRO).
No 2012 Kiko da Silva puxo en marcha na cidade de Pontevedra a primeira Escola Profesional de Banda Deseñada de Galicia, O GARAXE HERMÉTICO. No cadro fixo de mestres conta con MIGUEL PORTO, FRAN BUENO, FERNANDO IGLESIAS (KOHELL), MIGUELANXO PRADO e FERNANDO LLOR.
A escola foi creada para cubrir un baleiro educativo na formación profesional de autores especializados en BD. Para iso Kiko da Silva e o seu equipo de mestres elaboraron un temario e un método de ensino e así conseguir que os alumnos/as puidesen mellorar e profesionalizarse en 3 anos de formación. O obxectivo? que publiquen e que a distancia entre xeración de autores/as en Galicia diminúa.
O Garaxe Hermético está pensado para aprender a profesión de maneira integral, desde a parte plástica das técnicas (tradicionais e dixitais) para debuxar bd, pasando por narrativa gráfica, a escritura de guións, así coma Historia da BD, os dereitos de autor e a aprendizaxe contable e fiscal para exercer como autónomo especializado.
"Somos coma un céntro de tecnificación deportiva, nós adestramos os nosos/as alumnos/as desde o nivel que traen cuns obxectivos específicos para cada un deles. Aceleramos o proceso de aprendizaxe que pode facer unha persoa pola súa conta, digamos que conseguimos que o que alguén pode acadar en 10 anos o poida facer en 3. Iso si, non existen milagres, o alumno/a ten que traballar moito e entender que se nós somos esixentes co seu traballo, máis o serán os lectores e os editores." Kiko da Silva.
Polas aulas de O GARAXE HERMÉTICO pasaron xa máis de 250 alumnos/as. Realizáronse 25 master class con autores convidados coma MAX, JUAN DÍAZ CANALES, EMMA RÍOS, MIGUEL CALATAYUD, DAVID PINTOR... Publicaron catro libros: A Banda de Moebius, A vila dos debuxantes do Norte, 221 BD, Verne imaxinado; tamén se publicaron catro revistas online: Noveno nº 0, Eu son Charlie Hebdo (publicados tamén no Diario de Pontevedra e El Progreso), O retrato (publicado tamén en Diario de Pontevedra), Noveno especial Bruguera. E co Premio Fin de Curso publicaron os seus primeiros traballos en Sermos Galiza, o diario galego. O alumnado do Curso Profesional de BD publican desde hai 3 anos unha páxina no suplemento É VENRES de DIARIO DE PONTEVEDRA.
Asemade, realizáronse catro exposicións colectivas: Dreams of the rarebit fiend (Salón do libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra); Creando nun garaxe - Making of da banda deseñada 221 BD (Casa da Luz); Spirou de Champiñac a Pontevedra (en colaboración coa editorial DIBBUKS - Pazo da Cultura de Pontevedra); Creando nun garaxe 2 (Proxectos de Fin de Curso 2016) - Casa da Luz.
O GARAXE HERMÉTICO recibiu o Premio Ourense á Mellor Iniciativa de Banda Deseñada en 2012. E agora en 2018 vén de ser nomeada gañadora do European Comic Schools, Miriam Iglesias, alumna de O GARAXE HERMÉTICO na categoría de Ilustración. Trátase dun dos máis importantes concursos europeos de ilustración e banda deseñada para entidades que se dedican a formar creadores de cómic. Nesta ocasión foron seleccionadas máis de 30 escolas de oito países europeos para participar.
Os/as gañadores/as pertencen ás seguintes Escolas de Cómic:
Scuola del Fumetto (Palermo - Italia)
O Garaxe Hermético (Pontevedra - Galicia)
Human Academy Europe (Francia)
Scuola Internazionale di Comics Napoli (Italia)
Kunsthochschule Kassel (Alemania)
A ILUSTRACIÓN DE MIRIAM IGLESIAS:
https://www.mangadraft.com/reader/halloween-tales/120007