Ballet de Moscova. O Lago dos Cisnes. Santiago de Compostela
O domingo 8 de xullo desfruta da oportunidade única de ver en directo a compañía de bailaríns do Ballet de Moscova. Chegan ao Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela con un dos seus espectáculos máis célebres, O Lago dos Cisnes de Tchaikovski.
O Ballet de Moscova foi fundado por Timur Fayziev en 1989. Tras percorrer gran parte do mundo e retirarse dos escenarios, Fayziev decidiu fundar a súa propia academia de formación de bailaríns, e axiña se atopou coa necesidade de dar continuidade profesional aos estudantes da súa academia.
Con tan só uns anos de percorrido, a compañía levou a cabo numerosas xiras polo Xapón, Inglaterra, España, Irlanda, Alemaña, Tailandia, Suíza, entre outros países, chegando rapidamente ás mil representacións.
A día de hoxe e durante toda a súa historia, o Ballet de Moscova exhibe un repertorio das mellores pezas do ballet clásico, entre as que se atopan “O Lago dos Cisnes”, “A Bela Durminte”, “Crebanoces”, “Giselle”, “Don Quixote”, “Romeu e Xulieta”, “O Soño dunha noite de Verán”, “Carme” (suite).
A internacionalidade e prestixio de que desfruta a compañía non deixou de medrar, por iso, froito da relevancia, o rigor e a profesionalidade que co paso dos anos se foi forxando, en 1991 o Ballet de Moscova foi o único de toda Rusia convidado a participar na última xira por Inglaterra, Noruega e Suecia do lendario bailarín e coreógrafo Rudolf Nureyev.
No ano 2003 recibe do seu país o diploma honorífico polo esforzo realizado ao chegar ás mil representacións. Ser unha das compañías máis importantes do país é o mellor selo de garante e excelencia, que durante máis de 20 anos exportou por medio mundo.