«No te metas en política. Tour». Vigo
«No te metas en política. Tour» é o novo show cos humoristas Facu Díaz e Miguel Maldonado. Os dous xuntos repasan os acontecementos máis destacados da actualidade política nacional coa súa particular forma de analizar as cousas. Iso si, con moito humor. O Teatro Afundación de Vigo acolle o espectáculo o 23 de novembro.
O exitoso late night emitido en Youtube da man dos cómicos Facu Díaz e Miguel Maldonado senta as bases para este show, que despois de dúas tempadas completas con entradas esgotadas en Madrid, amplía agora o seu percorrido a todas as cidades españolas.
Neste novo espectáculo, os dous cómicos repasarán tanto os acontecementos máis destacados do panorama político coma o trato que reciben por parte dos medios de comunicación. Un catalán de orixe uruguaia e un murciano chegan á cidade: apártense ou faranse dano.
Duración: 90m
Idade Recomendada: +16 anos