O Gozo Festival: NILS FRAHM - Music for Galicia, en Santiago de Compostela

NILS FRAHM chega ao Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela o 23 de novembro.
O músico, compositor e produtor alemán comezou a tocar o piano desde moi pequeno e ao longo dos anos foi desenvolvendo un enfoque único para a música. Redefinindo como poucos o uso do piano na escena contemporánea, o artista berlinés mestura con enorme talento e elegancia composicións de corte clásico con electrónica sutil, creando unha experiencia sonora emocionante e envolvente.
Cos seus dous primeiros discos xa empezou a gañarse o favor de prensa e público, pero foi co seu terceiro disco “Felt” cando logrou o éxito e recoñecemento a nivel mundial. No seu último traballo ‘’Music for Animals’’, busca transportarnos a sons oníricos e ambientais que nos afasten do ritmo atarefado das nosas realidades cotiás e volve apreciarse a súa vontade de converterse nun refuxio para públicos que se resisten ás dinámicas de vertixe ás que nos arrastra o noso día a día acelerado.
Coñecido polos seus impactantes shows, a súa habilidade tamén como intérprete lévao a lograr unha atmosfera moi especial nos seus directos. Ao seu paso polo prestixioso festival, Primavera Sound definía a súa música á perfección: “que os sons de Nils Frahm son un refuxio para públicos necesitados de pausa nun mundo que vai de xeito evidente demasiado rápido, púidose comprobar na súa preciosa actuación ( ). Todo o que toca vólveo fermoso”.
Case 18 anos despois do seu debut e a pesar da súa mocidade, Nils Frahm xa é todo un referente no seu estilo e o seu primeiro concerto en Galicia dentro de O GOZO FESTIVAL promete, sen dúbida, unha viaxe alternativa ao que estamos afeitos a escoitar, nunha experiencia musical inesquecible.