POR UNHA VIDA DIGA | Conversa entre JUAN CARLOS UNZUÉ e ÁNGEL CARRACEDO, Santiago de Compostela

POR UNHA VIDA DIGNA é o título da charla que manterán Juan Carlos Unzué, ex-futbolita, adestrador e enfermo de ELA, e Ángel Carracedo, catedrático en Medicina Legal (Xenética e Bioloxía de Sistemas) da Universidade de Santiago de Compostela e recoñecido xenetista galego, con motivo do ciclo da USC Educación, ciencia e conciencia. A conversa estará guiada pola xornalista Eva Millán e terá lugar o martes 19 de marzo ás 19.30 h no Auditorio ABANCA (rúa do Preguntoiro, 23) en Santiago de Compostela.
Xa podes escoitar toda a charla na nosa canle Afundación Tv ENTRA AQUÍ.
Entrada libre, ata encher a capacidade.
Duración 1 h 30 min
O Grupo de investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA-interea) da Universidade de Santiago de Compostela, conmemorando o seu 25 aniversario, promove un ciclo de conversas denominado Educación, ciencia e conciencia no diálogo Universidade-Sociedade ao longo de 2024.
Nesta ocasión a conversa terá como tema-lema de referencia "Por unha vida digna", poñendo en valor os dereitos das persoas con discapacidade e diversidade funcional e das súas familias, abrindo a mirada a unha ampla e variada gama de perspectivas nas que se insire dar resposta ás súas necesidades e reivindicacións, desde o científico, médico, normativo-legal, social, económico, cívico, educativo, etc.
Para o evento, ata completar capacidade, haberá unha Fila 0 para que os fondos recadados vaian destinados integramente á Asociación de Enfermos/as de ELA-Galicia.