Plantando árbores con pinceis chega agora o 10 de xuño ao Hospital Materno Infantil da Coruña para realizar un mural ecolóxico canda nenas e nenos hospitalizados. Unha mañá diferente para experimentar e divertirse, pintando unha zona do hospital que se converterá nun xardín.
Desta volta, contaremos coa artista Rakele Cavallo de Vella Escola para axudarnos na elaboración e deseño do mural.
PLANTANDO ÁRBORES CON PINCEIS é un proxecto escolar pola sostibilidade que une cultura e coidado do medio ambiente a través da realización nos centros escolares de murais artísticos, colaborativos e ecolóxicos con pinturas fotocatalíticas anticontaminación. Unha iniciativa innovadora que ten como obxectivo achegar ao estudantado unha mensaxe positiva sobre o coidado da contorna, propoñendo alternativas de lecer que fomentan o respecto ao medio natural a través da arte.
As pinturas fotocatalíticas anticontaminación son unhas pinturas que ademais de non contaminaren, absorben e depuran os contaminantes que hai no aire, coma os óxidos de nitróxeno e outros gases contaminantes da industria e o tráfico rodado. Cada metro cadrado desta pintura equivale ao efecto depurativo dunha árbore adulta.
A actividade complétase cun Taller de pintado de bolsas de tea en que se traballará a temática medioambiental desde un enfoque participativo, o que facilita a toma de conciencia sobre a importancia de coidar a natureza.
RAKELE CAVALLO
Artista multidisciplinar italo-galega titulada como Técnica Auxiliar de Imaxe e son na especialidade de Imaxe Fotográfica polo Centro Caterina da Siena (Milán - Italia) e Técnica Superior de Gráfica Publicitaria polo Centro Escola de Artes Pablo Picasso (A Coruña).
Con ampla experiencia nas artes plásticas, en 2014 incorpórase durante 2 anos á asociación Creaformas de Carballo, participando en numerosos proxectos artísticos. Nese momento comenza a súa carreira no mundo dos murais, a maior parte deles realizados para colexios, onde tamén imparte numerosos talleres dirixidos ao alumnado.
Por outra banda, comeza a realizar murais por encarga de particulares, sendo os máis destacados os realizados para varios concellos (Carballo, Cee, Pontevedra...) enmarcados en proxectos como "Derrubando Muros con Pintura", "Carballo mirando o Mar", "Violencia Cero"...).
A súa experiencia mural complétase con traballos realizados con pintura de tráfico, principalmente o pintado de xogos no chan dos patios dos colexios.
Rakele destaca pola súa versatilidade e o seu afán pola busca de novas experiencias e posibilidades no ámbito artístico.
Rakele Cavallo. Plantando árbores con pinceis
Rakele Cavallo. Plantando árbores con pinceis
Rakele Cavallo. Plantando árbores con pinceis
Plantando árbores con pinceis. Hospital Materno Infantil Teresa Herrera A Coruña