Exposición O DEBUXO É O CAMIÑO: O CAMIÑO INGLÉS na Coruña

«O debuxo é o camiño: o Camiño Inglés» está na Sede Afundación da Coruña do 4 ao 21 de maio.
Durante unha semana de agosto de 2021, a artista catalá Maru Godás e a irlandesa Róisín Curé percorreron o Camiño Inglés desde Ferrol —cunha primeira parada na Coruña— para facer unha peregrinación debuxada. Como resultado, as ilustracións que se poden ver nesta mostra e mais unha gravación da viaxe que amosa case en directo o que as artistas vivían e debuxaban en cada lugar.
Esta exposición enmárcase na iniciativa Cultura por Alimentos que Afundación leva a cabo en colaboración con FESBAL (Federación Española de Banco de Alimentos) e que pretende achegar alimentos de primeira necesidade aos bancos de alimentos locais. A entidade invita as persoas visitantes a colaborar con esta iniciativa a través da doazón de alimentos non perecedoiros.
AQUÍ máis información.
Organiza Turismo de Galicia XACOBEO 21-22