Paseos pola historia e a cultura de Betanzos e a súa contorna: Santa María de Pontellas, Espazo +60 Betanzos

O Espazo +60 de Betanzos organiza, unha vez, ao mes un paseo pola cultura e a historia de Betanzos e a súa contorna, onde as persoas participantes poderán achegar os seus coñecementos para descubrir recantos e coñecer vestixios da historia do municipio.
O 30 de outubro, luns, percorreremos un tramo da ruta do Camiño de Santiago, unha das tres que pasan por Betanzos según Francisco Vales Villamarín, que facían os peregrinos que viñan por mar desde as Illas Británicas e desembarcaban en Fontán (Sada), utilizada principalmente por ingleses e irlandeses que desembarcaban alí.
Pasaremos polo antigo Hospital de Lazarados da Condomiña, o Santuario das Angustias, o Pazo de Illobre e a igrexa románica de Santa María de Pontellas. Uns 7 quilómetros que ofrecen unhas fermosas vistas sobre a ría de Betanzos.
A actividade será conducida por persoas voluntarias socias do Espazo +60 de Betanzos e forma parte do programa de voluntariado "O valor da experiencia" da área de Envellecemento Activo de Afundación, que ten como finalidade potenciar o papel activo das persoas maiores na sociedade e favorecer o desenvolvemento de accións interxeracionais e de voluntariado.
É necesario levar chaleco reflectante.
Actividade gratuíta. Prazas limitadas. Apúntate no Espazo +60 ou chamando ao 981 772 911!