Paseos pola historia e a cultura de Betanzos e a súa contorna: ruta a Armea e os Caneiros, Espazo +60 Betanzos

O Espazo+60 Afundación de Betanzos organiza, unha vez ao mes, un paseo pola cultura da historia de Betanzos e a súa contorna, onde as persoas participantes poden achegar os seus coñecementos para descubrir recunchos e coñecer vestixios da historia do municipio.
A actividade será conducida por persoas voluntarias socias do Espazo +60 de Betanzos, e forma parte do programa voluntariado "O valor da experiencia" da área de Envellecemento Activo de Afundación, que ten como finalidade potenciar o papel activo das persoas maiores na sociedade e favorecer o desenvolvemento de accións interxeracionais e de voluntariado.
Cómpre levar chaleco reflector e respectar as medidas preventivas.
Actividade gratuíta. Prazas limitadas. Apúntate no Espazo +60, chamando ao 981 772 911