Paseos pola cultura e a historia de Betanzos: ruta pola contorna do río Mandeo, Espazo +60 Betanzos
O Espazo+60 Afundación de Betanzos organiza, unha vez ao mes, un paseo pola cultura da historia de Betanzos e a súa contorna, onde as persoas participantes poden achegar os seus coñecementos para descubrir recunchos e coñecer vestixios da historia do municipio.
O vindeiro luns, 25 de abril, faremos unha ruta duns 7 km arredor de Betanzos, por camiños moi próximos ao río Mandeo, que non están incluídos nas rutas habituais e que non ofrecen dificultade.
A actividade será conducida por persoas voluntarias socias do Espazo +60 de Betanzos, e forma parte do programa voluntariado "O valor da experiencia" da área de Envellecemento Activo de Afundación, que ten como finalidade potenciar o papel activo das persoas maiores na sociedade e favorecer o desenvolvemento de accións interxeracionais e de voluntariado.
Cómpre levar chaleco reflector.
Actividade gratuíta. Prazas limitadas. Apúntate no Espazo +60, chamando ao 981 772 911