Concerto ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA, en Pontevedra

En colaboración coa Sociedade Filharmónica de Pontevedra, presentamos un novo programa de concertos que terán lugar no auditorio da Sede Afundación de Pontevedra. O primeiro deles será o xoves 1 de febreiro a cargo da Orquestra Sinfónica de Galicia; o segundo, o día 15 de marzo coa Real Filharmonía de Galicia; o programa rematará o 17 de maio cun recital a cargo da Orquestra Sinfónica de Galicia.
Xa podes coller as túas entradas en Ataquilla.com
CONCERTOS
xoves 1 FEB | 20.30 h | Orquestra Sinfónica de Galicia
Concerto dirixido por Andrés Salado e con Ludwig Dürichen como solista ao violín. O repertorio inclúe Concierto para violín y orquesta de Jesús Torres e Sinfonía nº1 en Fa menor, op.10 de D. Shostakovich.
Embaixo podes consultar e descargar as notas ao concerto.
Andrés Salado naceu en Madrid en 1983. Dirixiu a gran parte das principais orquestras españolas, como a Orquestra Nacional de España, Orquestra Sinfónica de RTVE, Orquestra Simfònica de Barcelona e Nacional de Catalunya, Real Filharmonía de Galicia, Oviedo Filharmonía, Real Orquestra Sinfónica de Sevilla, as Orquestras Sinfónicas de Madrid, Bilbao, Tenerife, Navarra, Euskadi, Estremadura, Illas Baleares ou Valencia. Tamén as Novas Orquestras de Galicia, Sevilla, Comunidad de Madrid, JONDE e a Orquestra Nova de Estremadura. Gañador do premio Princesa de Xirona de Artes e Letras 2016, Andrés Salgado é actualmente director titular e artístico da Orquestra de Estremadura.
O violinista Ludwig Dürichen é axuda de concertino da Orquestra Sinfónica de Galicia desde outubro de 2005. Colaborou con orquestras como a Staatskapelle Dresde, Deutsche Oper Berlín, Orquestra da Elbphilharmonie Hamburgo, Ópera Estatal de Múnic, Ópera de Kassel e Karlsruhe, Orquestra Filharmónica “Giuseppe Verdi” de Salerno-Italia, Musikkollegium Winterthur, Orquestra Ciudad de Granada, Orquestra Simfònica de Barcelona e Lle Concert Olympique en Anveres-Bélxica. Ludwig actuou tamén nas salas máis prestixiosas de Europa, como na Royal Albert Hall, Amsterdam Concertgebouw, Elbphilharmonie Hamburgo, Philharmonie Berlín, Flagey Bruxelas ou Doelen Róterdan, entre outras.
venres 15 MAR | Real Filharmonía de Galicia
Con Baldur Brönnimann como director e Alfonso Mújica como barítono solista. Tocarán obras de Ginastera, Márzquez, Moncayo e Blas Galindo.
venres 17 MAI | Orquestra Sinfónica de Galicia
Interpretará Sinfonietta en Re maior de Ernesto Halffter e O amor bruxo de Manuel de Falla.