• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Educación transformadora
      • UIE
      • Ciclos formativos
      • Internacionalización
      • Fomento da RSC e a economía social
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Área Educativa
      • Oferta educativa
      • Axenda
      • Educación S. XXI
    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos+60
      • Acompañamento +60
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Emocións e soidades
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite [email protected]
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

A FLOR DE PEL. Microconcertos en centros de educación especial de Galicia

Cultura Escolares Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
A FLOR DE PEL. Microconcertos en centros de educación especial de Galicia
  • 01-05-2022 30-11-2022 A FLOR DE PEL. Microconcertos en centros de educación especial de Galicia Programa presencial de acceso á música en directo para alumnado con diversidade funcional. Unha forma de conectar as nenas e nenos coa arte e as emocións Afundación [email protected] Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • Datas:

    MAI A NOV 2022

  • Entrada:

    Gratuíta

Conscientes da importancia da música, como canle de comunicación, e incentivo para melloras cognitivas, socio-emocionais e motrices, desde Afundación contamos cun programa presencial de acceso á música en directo dirixido a todos os Centros de Educación Especial de Galicia. Unha actividade intensa en emocións e sentimentos: MÚSICA A FLOR DE PEL; que permite gozar dunha xornada festiva, divulgativa e musical acompañados pola música tradicional do músico Carlos Quintá e De [email protected] (Fundación Igualarte).

Un aspecto moi importante á hora de considerar o uso da música é que axuda á comunicación. Ao incorporar a música ás súas vidas conséguese que, a través de melodías ou ritmos determinados, o alumnado interactúe coa súa contorna, e cos demais, con máis apertura e menos dificultade. Neste aspecto, e segundo reputados estudos neste campo, a música axuda a nenas, nenos e mocidade con necesidades especiais a mellorar o seu desenvolvemento sensorial e perceptivo, a sensibilización afectiva e emocional, a desenvolver a atención, observar a realidade, facilitar o establecemento de relacións interpersoais, actuar como alivio e redución da ansiedade, diminuír tensións, inquietudes e medos ou facilitar a expresión a persoas que non manexan o código verbal ou que teñen dificultades de comunicación ou expresión. E todo iso nunha celebración musical divertida marcada polos ritmos tradicionais de Carlos Quintá e De [email protected] (Fundación Igualarte).

ESPAZOS
Esta actividade está dirixida a todos os Centros de Educación Especial de Galicia.
Realizarase nos propios centros escolares de Educación Especial. En interior ou exterior, segundo as condicións meteorolóxicas e sempre cumprindo con todos os protocolos que ditaminen as administracións sanitarias nese momento.


CALENDARIO
MAIO-XUÑO 2022

CARLOS QUINTÁ
Actividade baseada na música, e apoiada por elementos escénicos e lúdicos da tradición musical e oral galega, adaptada aos tempos. Todas as cancións e xogos propoñen a participación do público de diferentes maneiras. As actividades desenvolveranse usando linguaxe inclusiva e non competitiva. As diferentes actividades organizaranse en función das características do espazo e o público, e cumprindo estritamente as normas sociais e sanitarias vixentes no momento de realizalas.

OBXECTIVOS
• Coñecer e valorar a cultura e música populares como punto de partida para reelaborar actividades artísticas no presente.
• Favorecer a interacción e o goce en grupo.
• Coñecer mediante o contacto directo instrumentos da música popular galega.


Carlos Quintá é de Caxide (Lalín 1979). Diplomado en Maxisterio. Músico de vocación, violinista e acordeonista. Finaliza o itinerario de acordeón diatónico no Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín. Profesor desde 2010 ata a actualidade da aula de acordeón diatónico da E- Trad, escola de música tradicional e folk do concello de Vigo. Produtor, arranxista e músico do ensemble Linho do Cuco desde 2003 ata 2015 cos que edita os discos Linho do cuco (2004), 3 (2007), As Alegrías (2010) e Viva Viva! (2013); e cos que toca en directo en Bretaña, Francia, Portugal, Italia, etc. Membro de diferentes ensembles de música tradicional e moderna, orientada ao baile, e colaborador en directo e estudo de grupos como Os Cempés, Motor Perkins, Ataque Escampe… Produtor e arranxista do disco Peixe de Xisco Feijóo (2021). Membro xunto a Luchi Iglesias de Xogos do Paporrubio, compañía itinerante de monicreques, xogos populares e música cos que representa os espectáculos Xogos do paporrubio (2014) e Varietés de Animalario (2020). Membro colaborador das compañías de teatro de monicreques Seisdedos, Viravolta e Fantoches Baj, coas que actúa en directo e se encarga da parte musical, e coas que leva máis de 300 representacións de obras como O galo Kiriko (2006), Cocer e cantar (2012), Contos do Tranvía (2011), Os romeiros do Caracol (2019), etc.

 

DE [email protected]
GRUPO DE MÚSICA TRADICIONAL. FUNDACIÓN IGUALARTE

O grupo de música tradicional De [email protected] propón tres opcións que se adaptarán en función do alumnado ao que se dirixan.

  • Concerto de Música Tradicional: repertorio de temas tradicionais, fusionando ritmos e harmonías tradicionais con sonoridades modernas.
  • Animación musical: audición musical interactiva. En cada tema o público participa do ambiente sonoro, formando un todo de maneira interactiva.
  • Música para peques: a música e a súa sensación, e os instrumentos e a súa experimentación. Un traballo musical onde o sensorial e o auditivo están moi presentes.

O Grupo de Música Tradicional De [email protected] nace fai cinco anos, sendo un dos seus obxectivos fundamentais o goce da música tradicional galega, as súas raíces e as súas orixes. O grupo De [email protected] fórmano seis músicos que dan vida á animación musical.

FUNDACIÓN IGUALARTE
Un espazo activo onde se traballa a arte con persoas con capacidades diferentes, entendendo que a arte é un dereito que nos pertence a todas e todos, que conleva a maxia de expresar, comunicar, transmitir… Esta entidade sen ánimo de lucro nace no ano 2002, creada e formada por profesionais da educación e da arte. Declarada fundación de interese galego pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. No ano 2010 recibiu o galardón ao “Proxecto cultural máis innovador e vangardista” que outorga a Deputación de Pontevedra polo seu labor levado a cabo no campo artístico e cultural con persoas con necesidades educativas especiais.

Carlos Quintá
Carlos Quintá
Grupo de música tradicional De t@pas / Fundación Igualarte
Grupo de música tradicional De [email protected] / Fundación Igualarte
Grupo de música tradicional De t@pas / Fundación Igualarte
Grupo de música tradicional De [email protected] / Fundación Igualarte
Grupo de música tradicional De t@pas / Fundación Igualarte
Grupo de música tradicional De [email protected] / Fundación Igualarte
Grupo de música tradicional De t@pas / Fundación Igualarte
Grupo de música tradicional De [email protected] / Fundación Igualarte
Grupo de música tradicional De t@pas / Fundación Igualarte
Grupo de música tradicional De [email protected] / Fundación Igualarte
Grupo de música tradicional De t@pas / Fundación Igualarte
Grupo de música tradicional De [email protected] / Fundación Igualarte
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • UIE
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
Copyright 2020 © Fundación Galicia Obra Social
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    [email protected]
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 120 078