Mercado solidario, Espazo +60 Pontedeume
O Espazo +60 Afundación de Pontedeume organiza, do 10 de xuño ao 3 de xullo, no primeiro andar, un mercado solidario para darlle unha segunda vida ao mobiliario do centro tras a reforma realizada recentemente.
O diñeiro recadado destinarase a AFACO (Asociación de familiares de enfermos de Alzheimer).
Aberto a todo o público. Esperámoste!