• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Tenda
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Educación transformadora
      • IESIDE
      • Ciclos formativos
      • Internacionalización
      • Fomento da RSC e a economía social
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Área Educativa
      • Oferta educativa
      • Axenda
      • Educación S. XXI
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • O valor da experiencia
      • Historias vividas
      • Falamos da escola
      • Fálame da emigración
      • Manifiesto por la solidaridad intergeneracional
      • Voluntariado
    • Programas Espazos+60
      • Cultura dixital
      • Benestar físico e mental
      • Entrenamento cognitivo
      • Educación emocional
      • Aprendizaxe permanente
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Imaxe social
      • 60+ COUNTS. Día Internacional das Persoas Maiores
      • Día Europeo da Solidariedade Interxeracional
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • Voluntariado
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

«Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre»

Xeral
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
{evento-titulo_ga}
  • 30-01-2014 30-08-2015 «Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre» Ata agosto 2015 Sede Afundación Santiago de Compostela Rúa do Vilar, 19. Santiago de Compostela (A Coruña) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sede Afundación Santiago de Compostela

    Rúa do Vilar, 19. Santiago de Compostela (A Coruña)

Do 29 de xaneiro de 2014 ao 30 de agosto de 2015 abrimos ao público no número 19 da rúa do Vilar a exposición «MASIDE EN COMPOSTELA. O testamento pictórico do mestre». O noso Centro Cultural da capital acolle, pois, esta gran mostra sobre o artista galego en colaboración coa familia Maside e o Concello de Santiago de Compostela.

 

A exposición vén celebrar que toda a herdanza pictórica que Maside deixou se atopa xa na capital galega, o lugar no que o artista viviu e no que dispuxo que a súa obra repousase. A través de 31 obras de diversas temáticas, e realizadas con diferentes técnicas que van desde o óleo ata a acuarela pasando pola tinta chinesa sobre pergameo, presentamos un percorrido pola obra e vida deste artista de traxectoria singular que se converteu no principal referente ideolóxico da xeración dos renovadores.

 

Carlos Maside é unha das grandes figuras recoñecidas da arte galega, do renacemento artístico, non só pola particularidade da súa técnica e as súas arelas de renovación, senón tamén porque a súa obra constitúe hoxe un gran legado etnográfico da Galicia do pasado século. O debuxante e gravador de Pontecesures conseguiu ao longo da súa vida transformar e construír un complexo tecido artístico que falaba de Galicia, entendida sempre dentro do acontecer europeo.

 

Herdeiro ideolóxico da xeración Nós, testemuña da Iª e da IIª guerra mundial e da guerra civil española, e membro da vangarda galega, Maside foi un dos grandes intérpretes da historia contemporánea. A súa vocación era investigar e evolucionar na técnica, estudando o gravado en madeira, a augaforte e o linóleo a través dun concepto artesanal, afondando no intercambio de ideas e no contacto directo con ebanistas, marmoristas e outros artesáns, mais sempre representando unha realidade para el cativadora dun contexto político, social e cultural propio.

O movemento de vangarda florece en Galicia nos anos da ditadura e da II República —o cubismo, o realismo máxico e o expresionismo son algunhas das influencias que distinguen a obra de Maside— e nace coa vocación de renovar a arte e tamén o plano social. Afondan nela ademais de Maside, outras figuras clave coma Manuel Antonio, Rafael Dieste, Arturo Souto ou Manuel Colmeiro. Xuntos eran coñecidos coma Os Novos.

Dentro destas correntes estéticas e conceptuais, a obra de Carlos Maside adoita representar grupos humanos, facendo fincapé na figura feminina, sobre todo a muller relacionada coas tarefas propias dun mundo natural. Recrea ambientes de feiras, paisaxes, o campo, mais tamén a Galicia urbana. É a partir da posguerra que comeza a resaltar os cromatismos e a usar liñas máis xeométricas, en contraposición coas súas particulares formas redondeadas.

 

Uns apuntamentos biográficos

Carlos Maside nace en San Xulián de Requeixo (Pontevedra) en 1897, como o cuarto dos cinco irmáns que foron. No ano 1912 vai traballar a Vilagarcía, onde comeza a debuxar. Viaxa a Madrid en 1915 para cumprir o servizo militar e, ao seu remate, traballa nunha axencia de publicidade como debuxante. Alí coñece a Federico Ribas e aos grandes caricaturistas da época: Bagaría, Sancha, Apa, Sileno, Xauradó... De 1918 en adiante alterna as súas estadías entre Madrid e Galicia ata que en 1926 se muda a París, onde permanece dous anos como bolseiro pola Deputación de Pontevedra, xunto con Arturo Souto. En 1929 expón en Amigos del Arte de Compostela óleos de forte carácter expresionista e popular que máis adiante destrúe.

O artista volve de novo a Madrid en 1930 e é detido por conspiración canda outros galegos, mais queda liberado sen xuízo pouco antes da proclamación da Segunda República. Posiblemente, no cárcere Modelo coñece a Valle-Inclán con quen manterá unha boa amizade. Entre os anos 1931 e 1936 Maside participa dun xeito intenso na vida cultural e política en Galicia e Madrid: colabora na prensa (El Pueblo Gallego, Nueva España etc.); ilustra libros como Retrincos de Castelao, De catro a catro de Manuel Antonio ou El Arrabal de Ramos; retrata aos máis relevantes personaxes da vida pública galega e española; participa con outros pintores galegos na campaña «Pro Estatuto» e coñece a Lorca, Miguel Ángel Asturias, Berta Singerman e a Paco Luis Bermúdez. Alén disto, consegue unha praza como profesor de debuxo do instituto de Noia e despois no de Vigo.

En 1936 a guerra en Galicia íllao dos seus máis queridos compañeiros de vida artística, feito que sega o pulo da súa xeración e a desfai como grupo. A súa vai ser durante anos unha vida de illamento, de traballo, de estudo, en Compostela e en Vigo. É cando Maside aborda máis en profundidade a obra pictórica que pasa sen expor ata os anos 50. Así, entra a facer parte da Editorial Galaxia como director artístico, escribe o ensaio En torno a la fotografía popular e colabora na revista Galicia Emigrante, que dirixía Seoane en Bos Aires. Na capital arxentina, pendura os seus cadros na mostra colectiva «Dez pintores galegos», onde fican dúas obras moi significativas da súa produción: A sesta e A sorte do paxariño.

Así e todo, a saúde de Maside vaise resentindo, afectado pola súa doenza crónica, a diabete. Nestes derradeiros anos, a xente nova da renacente etapa da cultura galega constitúe a máis rica das súas relacións humanas. Deles recibe unha homenaxe quente e íntima en abril de 1958. Dous meses despois, o 10 de xuño, Maside morre na súa casa da rúa do Vilar en Compostela.

 

DIDÁCTICA PARA ESCOLARES

Historia de Galicia a través da obra de Carlos Maside

«Sons dunha campá chamada Berenguela». Infantil e 1º ciclo de primaria
«Cando Maside escoitou falar  a Castelao». 2º ciclo de primaria e 1º ciclo de ESO
«Carlos Maside. Identidade e historia de Galicia». 2º ciclo de ESO, bacharelato e ciclos formativos
 
 Maside e a arte de Galicia

«Viaxa comigo no meu barco de vapor». Infantil e 1º ciclo de primaria
«Maside pinta, Manuel Antonio recita». 2º ciclo de primaria e 1º ciclo de ESO
«A vangarda galega a través da obra de Carlos Maside». 2º ciclo de ESO, bacharelato e ciclos formativos

Prezo: 1 €

Máis información e reservas no 981 552 577

 

Horario da mostra: Luns a sábado de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 h

Pechado os domingos dos meses de xullo e agosto

Centro Cultural Afundación
Rúa do Vilar, 19
SANTIAGO DE COMPOSTELA

Folleto da exposición (PDF - 213 kB)
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • IESIDE
    • Centros educativos
    • Área Educativa
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • O valor da experiencia
    • Programas Espazos +60
    • Imaxe social
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • Voluntariado
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Tenda
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
Copyright 2020 © Fundación Galicia Obra Social
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078