Marcha nórdica, Espazo +60 Ourense

O Espazo +60 Afundación de Ourense pon en marcha esta actividade. Trátase dunha forma de exercicio ao aire libre que consiste en camiñar coa axuda e impulso de bastóns semellantes aos utilizados no esquí. A marcha nórdica é un dos deportes máis antigos do mundo e que logra activar ata o 90% da musculatura. Moito máis eficaz que a marcha normal, segundo aseguran os expertos, axuda a desenvolver a forza, tonifica, pon en marcha o sistema cardiovascular, mellora a coordinación e potencia a mobilidade.
Prezo: 65€ (préstamo de bastóns para a actividade) (grupo mínimo 10 persoas)
Apúntate no Espazo +60 antes do 4 de marzo.