Malo será! Pontevedra

Da televisión… ao teatro! Volve o espectáculo Malo Será! con moitas sorpresas e moitos máis convidados. Colle as túas entradas para velos a todos en directo o día 15 de febreiro na Sede Afundación de Pontevedra.
Entradas en Ataquilla.com
Un programa de humor gravado nos grandes teatros de Galicia, con público en directo. Consiste nunha sucesión de sketches sobre temas universais, con chiscadelas ás distintas localidades e protagonizados por un elenco de actores e actrices galegas liderados, nesta ocasión, por Marta Doviro.
Unha banda de música en directo e unha vistosa escenografía completan os argumentos dunha oportunidade única para achegar a televisión de Galicia e o noso característico humor televisivo a todos os puntos do país.