Teatro: «5 y... Acción!». Vigo
Nova obra de teatro «5 y... Acción!» con Marta Hazas e Carlos Sobera no Teatro Afundación Vigo. Colle as túas entradas para o sábado 12 de maio.
A nova e inocente presentadora do tempo dun telexornal de máxima audiencia, tamén é «casualmente» a amante do presidente da canle de televisión. Marisol (Marta Hazas), soña con converterse en actriz. E Adolfo (Carlos Sobera) decide cumprir o soño da súa noiva. Para iso contrata os servizos dun mediocre aspirante a director de cinema (Javier Veiga). Adolfo está disposto a producir unha longametraxe con Marisol como protagonista. Aínda que non está claro se quere que ela triunfe, ou que a película sexa un fracaso estrepitoso, para que Marisol, desencantada, volva aos seus brazos a seguir sendo a súa «moza do tempo» e a súa «moza pasatempo». Max intentará salvar a súa película. Marisol intentará salvar o seu soño. Antonia intentará salvar o seu traballo. A muller de Adolfo, Pilar, intentará salvar o seu matrimonio. E Adolfo? intentará salvar o seu cu. Todos ocultan algo, todos queren algo do outro e ninguén se fía de ninguén... Pero mentres tanto, empézase a rodar a película: 5 y... Acción!.

Elenco: Carlos Sobera, Marta Hazas, Javier Veiga, Marta Belenguer, Ana Rayo
Dirección: Javier Veiga